O Cluster contará co respaldo da Consellería de Economía para desenvolver un plan de internacionalización para as empresas TIC

O Cluster contará co respaldo da Consellería de Economía para desenvolver un plan de internacionalización para as empresas TIC


O Cluster TIC Galicia elaborará un plan de internacionalización específico para o sector que contará co respaldo da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

Esta foi unha das conclusións da reunión que mantiveron hoxe en Santiago de Compostela o conselleiro Javier Guerra Fernández e Gerardo Crespo, presidente do Cluster, quen se comprometeu a presentar un primeiro borrador do plan no prazo dun mes.

O titular de Economía e Industria confirmou tamén que desde o seu departamento o sector das Tecnoloxías de Información e das Comuinicacións é considerado “estratéxico”, e manifestou o seu apoio ao Cluster TIC Galicia.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies