O Cluster TIC Galicia elaborará un plan de internacionalización específico para o sector que contará co respaldo da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Esta foi unha das conclusións da reunión que mantiveron hoxe en Santiago de Compostela o conselleiro Javier Guerra Fernández e Gerardo Crespo, presidente do Cluster, quen se comprometeu a presentar un primeiro borrador do plan no prazo dun mes.
O titular de Economía e Industria confirmou tamén que desde o seu departamento o sector das Tecnoloxías de Información e das Comuinicacións é considerado “estratéxico”, e manifestou o seu apoio ao Cluster TIC Galicia.
Comments