EUSKALTEL E R CABLE Y TELECOMUNICACIONES DE GALICIA, S.A. ("R") ALCANZAN UN PRINCIPIO DE ACORDO DE INTEGRACIÓN

EUSKALTEL E R CABLE Y TELECOMUNICACIONES DE GALICIA, S.A. ("R") ALCANZAN UN PRINCIPIO DE ACORDO DE INTEGRACIÓN


Euskaltel E “R” alcanzaron un principio de acordo para a integración de ambas compañías nun operador de telecomunicacións líder no norte de España, incrementando de maneira significativa a súa relevancia no mercado español e europeo, e a súa vez mantendo o seu forte posicionamento e compromiso nas rexións nas que goza dun profundo arraigo.
CVC e Abanca acordan manter os compromisos de permanencia no capital da entidade resultante exixidos para Kutxabank con motivo da saída a bolsa de Euskaltel.
Os accionistas comprométense a manter o carácter local de ambas compañías, que se verá traducido na continuidade das respectivas marcas, estruturas locais e os equipos de xestión, ao consideralos como elementos clave do éxito de ambas compañías durante os últimos anos.
Euskaltel e R esperan compartir as mellores prácticas presentes en ambas compañías e ademais obter importantes sinerxías da Operación, principalmente derivadas do mellor acceso e capacidade de negociación a produtos, servizos e contidos, que serán cuantificadas durante o proceso de due diligence e comunicadas ao mercado ao finalizar dito proceso.
O Acordo foi autorizado polos Consellos de Administración de ambas compañías e está suxeito á satisfactoria execución – sen incidencias significativas - do proceso de due diligence e aprobación das autoridades de competencia. A operación deberá ser igualmente ratificada na Xunta de Accionistas de ambas compañías.
O Acordo non exclúe que as compañías poidan, a súa vez, considerar outras oportunidades de adquisición que se poidan presentar.

Sentido estratéxico da Operación
Euskaltel, S.A. (“Euskaltel”), e  R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A. (“R”), ambas compañías líderes en fibra óptica e servizos converxentes de telecomunicacións no País Vasco e Galicia respectivamente, anuncian un principio de acordo para a integración de ambas compañías e a creación dun operador de telecomunicacións líder a nivel nacional e Europeo. 
A operación dota á entidade combinada de maior fortaleza, eficacia e capacidade de crecemento a través da creación dun operador líder no norte de España.
Os accionistas comprométense a manter o carácter local de ambas compañías, que se verá traducido na continuidade das respectivas marcas, estruturais locais e os equipos de xestión, ao consideralos como elementos clave do éxito de ambas compañías durante os últimos anos.
Euskaltel e  R comparten múltiples similitudes e afinidades a nivel cultural e de estratexia de negocio que garante unha exitosa execución dun plan de negocio conxunto a futuro. Ambas compañías atópanse profundamente arraigadas nos seus respectivos mercados gozando dunha sólida base de clientes que é o resultado do seu esforzo para ofrecer alta calidade, servizos de atención ao cliente bilingües (en castelán, euskera e galego).
A combinación de Euskaltel e R espera obter, a súa vez, importantes sinerxías que se analizarán en detalle polos equipos directivos de ambas compañías e que se comunicarán debidamente ao mercado á conclusión da due diligence. As áreas de sinerxías, entre outras serán (i) mellor acceso e capacidade de negociación sobre produtos, servizos e contidos; (ii) a posta en común de sistemas e tecnoloxías; (iii) optimización de relacións contractuais con provedores; (iv) armonización das estratexias de crecemento.

Calendario de execución
O Acordo foi autorizado polos Consellos de Administración de ambas compañías e está suxeito á satisfactoria execución – sen incidencias significativas - do proceso de due diligence e aprobación das autoridades de competencia. A operación deberá ser igualmente ratificada na Xunta de Accionistas de ambas compañías.
A tal efecto, os equipos de ambas compañías comprométense a iniciar inmediatamente todas as actuacións necesarias para o cerre satisfactorio da Operación no menor prazo posible e para elo comprométense a un período de exclusividade mutuo até o 15 de outubro de 2015 como data límite para finalización do proceso de due diligence e sinatura da documentación legal pertinente.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies