O Clúster TIC Galicia vén de firmar un convenio con Dinahosting para aplicar un desconto dun 10% aos seus asociados sobre o prezo ordinario do servizo, publicado en dinahosting.com no momento da contratación e na contratación da alta de servizos. Esta rebaixa non se aplicará a renovacións nin no caso de que a entidade asociada teña a condición de reseller.
No marco deste acordo, Dinahosting comprométese a negociar un prezo especial mellorado con aquelas entidades asociadas que estean interesadas en desenvolver un proxecto complexo, que requira unha solución tecnolóxica específica ou a contratación de diversos servizos TIC de forma conxunta.
As entidades asociadas interesadas en beneficiarse das vantaxes anteriormente descritas deberán contactar con Dinahosting a través da dirección cluster-tic@dinahosting.com ou dos teléfonos 981 040 200 ou 900 854 000, indicando a súa condición de asociada ao Clúster TIC. O desconto non se aplicará no caso de realizar a contratación dos servizos a través da web de dinahosting.
Convenios activos
Este acordo súmase aos que o Clúster TIC Galicia xa ten en vigor con outros provedores, en pro de cumprir co seu obxectivo de aproveitar as sinerxías da negociación colectiva para beneficio particular de cada un dos asociados. Nesta sección pódense consultar todos os convenios activos.
Comments