Dende o Clúster TIC Galicia desexámosvos Bo Nadal!

Silvia Camesella,

Dende o Clúster TIC Galicia desexámosvos Bo Nadal!


Dende o Clúster TIC Galicia desexámosvos Bo Nadal! E queremos aproveitar para agradecer a todas as institucións, entidades e asociados que ao longo deste 2024 amosaron o seu apoio á nosa asociación e participaron dos proxectos e actividades que organizamos ou promovemos. Este ano centramos os nosos esforzos en temas transversais co obxectivo de dar resposta á demanda do sector tecnolóxico. Destacamos os seguintes:

  • Plan Director das TIC. Este ano celebramos un fito: que o sector tecnolóxico se considerase "estratéxico" pola Xunta e que se aprobase a redacción do Plan Director da Industria das TIC, unha petición que viña reclamando o colectivo .
  • Cidade das TIC e polos tecnolóxicos. Dende o Clúster apoiamos a entrada da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña na sociedade xestora da Cidade das TIC para avanzar na reforma de edificios para albergar as empresas TIC que xa amosaron o seu interese en integrarse neste complexo. Con carácter paralelo, amosamos o noso apoio aos polos tecnolóxicos SinerxIA, da Universidade da Coruña, e StarTIC, da Zona Franca de Vigo, que contribuirán a fortalecer e consolidar o sector en Galicia.
  • Apoio ao emprendemento. Puxemos en marcha varios programas para promover as ideas tecnolóxicas de emprendedores galegos, como Tech Angels Network, no que dous proxectos conseguiron o apoio de empresas socias para levalos a cabo, ou Tech Angels Capital, un evento que celebramos en Vigo para conectar emprendedores con investidores. A incubadora Node Hub foi outra das iniciativas que estreamos este ano co obxectivo de impulsar unha vintena de ideas empresariais.
  • Formación e consolidación de talento. Deseñando programas adaptados ás necesidades das nosas empresas socias e do mercado laboral en xeral. Neste sentido, vimos de lanzar o plan formativo posto en marcha en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, que leva formado entre 2022 e 2024 a máis 10.000 alumnos, a través do 439 cursos, e cuxa quinta edición xa está en marcha. 

Por outra banda, impulsamos o Campus Dual TIC, unha iniciativa para formar de maneira áxil e práctica aos perfís dixitais máis demandados polas empresas tecnolóxicas.

Cabe sinalar tamén o acordo  pioneiro que firmamos co IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña, un modelo experimental de FP Dual Multiempresa, polo cal o alumnado do ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma deste centro recibirá formación conxunta xestionada pola nosa entidade. 

Outra das actividades na que colaboramos e acaba de concluír é o programa “Que non te líen. Ti elixes”, promovido pola Xunta, que busca favorecer a elección de ciclos de formación profesional con menor presenza de alumnas a través de relatorios de mulleres profesionais destacadas das nosas empresas socias.

  • Conexión entre oferta e demanda. Para isto, dende o Clúster TIC Galicia creamos un Mapa TIC, en colaboración coa Amtega que recolle os axentes tecnolóxicos presentes en Galicia cos produtos e servizos que ofertan. Así mesmo, temos previsto desenvolver unha xanela única que conecte con este directorio para poder xestionar de forma integral posibles proxectos de dixitalización. Outra das cuestións na que estamos a traballar é no deseño dunha plataforma única que integre, ademais destes servizos, a comunicación cos socios e actividades específicas do Clúster, como os Grupos de Traballo ou a Área de Emprego.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies