18 novembro 2026
O programa, de 21,5 horas de duración, combina formación técnica, ambiental, ética e regulatoria e constitúe unha das principais accións da Comunidade Local de Computación impulsada polo proxecto europeo.
O Concello da Coruña vén de poñer en marcha na Cidade das TIC o Curso de IA Verde e Ética para a Innovación Urbana, unha formación impulsada no marco do proxecto europeo Allocate para capacitar profesionais no desenvolvemento e aplicación de solucións de intelixencia artificial máis eficientes, responsables e sostibles.
A formación foi deseñada conxuntamente polos socios do proxecto, un consorcio integrado polo propio Concello da Coruña, o Clúster TIC ...