5 xuño 2026
O Clúster TIC Galicia vén de poñer en marcha os servizos do Centro de Procesamento de Datos (CPD) situado no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC da Coruña, unha infraestrutura de altas prestacións deseñada para dar soporte a proxectos de intelixencia artificial, computación avanzada e procesamento multimedia.
A través desta plataforma en liña, as compañías poden acceder a todas as funcionalidades necesarias para xestionar as súas máquinas virtuais e recursos de computación. Estes servizos están dispoñibles para calquera empresa tecnolóxica interesada no seu uso. Non obstante, as firmas socias do Clúster TIC Galicia beneficiaranse dun desconto superior ...