Stratesys Technology Solutions incorpórase ao Clúster TIC como novo asociado

Óscar Santos Rodríguez,

Stratesys Technology Solutions incorpórase ao Clúster TIC como novo asociado


A consultora tecnolóxica Stratesys Technology Solutions, líder en servizos dixitais e unha das maiores especialistas en tecnoloxías SAP e OpenText, incorpórase como novo asociado ao Clúster TIC. 


Cunha facturación superior aos 52 millóns de euros, ocupa actualmente o segundo lugar no ránking de SAP Partners en España. 


A través da súa rede de oficinas e centros expertos está presente en diversos países e localizacións de Europa (España e Portugal), USA, Latinoamérica (Brasil, Chile, Colombia e México) e Asia (China). Ademais, executou proxectos e prestado servizos en máis de 60 países. 


Foi galardoada pola súa calidade e innovación co "Premio á Excelencia de Socios SAP EMEA 2014 e 2016", a distinción de 13 "Iberia SAP Quality Awards" e o premio á "Mellor Práctica SAP en Innovación 2013" en España.


Entre os principais produtos que ofrece atópanse GxP Suite -tecnoloxía OpenText á vangarda da xestión de información regulada pola FDA-; Behumans -contorna interactiva onde xestionar os procesos internos de Recursos Humanos-; Brandpos -solución vangardista de punto de venda coa última tecnoloxía en Cloud-; Zincbank -plataforma tecnolóxica que redefine os estándares do sector financeiro e soporta todos os procesos de negocio dun banco-; F4 R -solución definitiva para o sector retail que integra compras, vendas, loxística, finanzas e TPV-; e Pysix -intelixencia artificial e automatización dos procesos de Tesourería-.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies