Seis empresas do Clúster TIC Galicia veñen departicipar no evento tecnolóxico eMerge Americas, que tivo lugar o 18 e 19 deabril en Miami. Quobis, Serviguide Tech, Councilbox, a consultora APDTIC, Librebit e Inverbis Analytics asistiron a esta feira, unha das máis importantes de toda América, onde se dan cita emprendedores, investidores, empresas emerxentes e líderes no sector tecnolóxico e institucións, polo que supón unha oportunidade única para captar novas opcións de negocio nun dos principais mercados tecnolóxicos do mundo.
Durante a misión, organizada polo Grupo deTraballo de Internacionalización da entidade, co apoio do Igape e o financiamento do ICEX, tiveron a oportunidade de reunirse persoalmente con multitude de axentes económicos de interese.
Mantiveron xuntanzas coa antena do Igape, ICEX en Miami, Miami-DadeCouncil, Beacon Council, a Cámara de Comercio de España – EE.UU. en Florida, (US Spain Chamber of Commerce)e Abanca USA. Ademais, concarácter paralelo, participaron na xornada organizada polo ICEX para coñecer oecosistema de innovación da cidade e facer networking con diferentes organismos e empresas de Miami. Así mesmo, puideron asistir a dous eventos paralelos: StartupOle e Venture Café Miami.
A misión pretende agora avanzar en dúas posibles liñas, por un lado, explorar se o Clúster TIC Galicia pode participar na Cámara de Comercio de España – EE.UU., e por outro, realizar un sesión informativa entre as empresas socias e o ICEX. O obxectivo é reforzar o posicionamento do ecosistema empresarialTIC galego nun lugar de referencia a nivel internacional e potenciar as boas relacións comerciais entre Galicia e Estados Unidos, explorando novas oportunidades de negocio.
Na fotografía, de esquerda a dereita: Fernando Ordoñez, Serviguide Tech; AgustínTourón, de Councilbox; André Castelo, de APDTIC; Carlos Rodríguez, de Librebit; Iago Soto, de Quobis, José Nogueira, de Xesol Innovation e John Ward, de Inverbis Analytics.
Comments