O grupo tecnolóxico Plexus Tech segue na senda de incorporación de talento en tecnoloxías de vangarda, pechando un acordo de integración nesta ocasión con HCD – Human Computer Development compañía con sedes en UK, Polonia, Alemaña e Portugal, conseguindo así o obxectivo da tecnolóxica de conseguir un amplo despregamento no mercado europeo como parte estratéxica do seu crecemento.
Plexus Tech continúa o seu obxectivo de crear células de hiperespecialización nas últimas tecnoloxías para todas as áreas transversais como ciberseguridade, dixital, customer centric, arquitectura e data, cloud, ecommerce, desenvolvemento e para iso incorporou nos últimos meses ademais de HCD unha compañía con sede en Portugal capilarizando as fronteiras de actuación da tecnolóxica no país luso.
Acerca de Plexus Tech
Compañía tecnolóxica con máis de 20 anos de traxectoria traballando para gran parte das compañías do IBEX35, os principais retailers do país, e con gran especialización no sector banca, turismo, servizos sociais, sendo líder a nivel nacional no sector de saúde tanto na administración pública como privada. Conta cun total de 21 sedes con gran capilaridade en todo o territorio español e coa mirada posta en USA, onde recentemente acaba de abrir oficina en Miami.
Comments