O Clúster TIC Galicia colabora coa fundación everis para impulsar a participación do ecosistema emprendedor galego nos eAwards Spain

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia colabora coa fundación everis para impulsar a participación do ecosistema emprendedor galego nos eAwards Spain


O Clúster TIC Galicia colabora coa sede de everis en Galicia para impulsar e fomentar a participación do ecosistema emprendedor galego nos eAwards Spain, que convoca a fundación everis. A entidade ofrécese así para resolver calquera dúbida sobre a presentación á convocatoria dos seus asociados.

A fundación everis vén de lanzar a 20ª edición dos premios internacionais ao emprendemento, Global  eAwards. O Clúster TIC e a oficina de everis en Galicia queren impulsar  e fomentar a participación do ecosistema emprendedor galego nesta convocatoria e para isto ofrécense para resolver calquera dúbida sobre a presentación. eAwards Spain 2021

Nestes premios, cuxo prazo  límite de presentación é o 21 de xuño de 2021, búscanse proxectos que se atopen, como mínimo, en fase de prototipado, baseados en tecnoloxías de alto impacto, innovadoras, escalables, sostibles, que contribúan a mellorar a calidade de vida e/ou solucionen problemas ambientais a través de modelos de negocio dixitais e/ou do uso intensivo da tecnoloxía.

O gañador español recibirá 20.000 €, accederá a un programa de aceleración especializado e obterá un pase á final internacional da 20ª edición dos Global eAwards, onde optará a 60.000 € adicionais e a un programa de aceleración exclusivo. Neste certame, competirá por este premio con proxectos tecnolóxicos doutros dez países de Europa e Latinoamérica: Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Holanda, Italia, Perú, Portugal e Reino Unido.

Os emprendedores interesados en participar poden consultar as bases dos eAwards Spain aquí e presentar a súa candidatura na web eawardsspain.es. Aqueles que teñan algún tipo de consulta ou dúbida, poden dirixila a info@clusterticgalicia.com.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies