Curso CiberTIC Galicia: Ciberseguridade para a Industria 4.0

Óscar Santos Rodríguez,

Curso CiberTIC Galicia: Ciberseguridade para a Industria 4.0


O curso conta co co-financiamento do IGAPE a través do seu programa IG229 - AXUDAS A PROXECTOS DE FORMACIÓN INDUSTRIA 4.0 (2017)

COÑECER AS CIBERAMEAZAS PARA REFORZAR A SEGURIDADE DAS EMPRESAS GALEGAS

A protección das empresas ante as ciberameazas é unha necesidade que debe ser cuberta para evitar ataques do máis diversos. O Clúster TIC, co co-financiamento do Instituto Galego da Promoción do Emprego (IGAPE), pon en marcha unha serie de módulos formativos de 50 horas que buscan introducir  aos profesinais galegos nos principais aspectos relacionados coa ciberseguridade. 

Entre os temas que se abordarán nas sesións inclúese a protección de datos persoais ou a propiedade intelectual. Sendo este último un tema que afecta especialmente ás entidades empresariais.

A través dos distintos módulos os asistentes poderán recoñecer as ameazas e posibles ataques que poden dirixirse aos sistemas telemáticos dunha entidade. Tamén aprenderán a xestionar a seguridade dos datos na rede ou recoñecer os perigos agochados nos dispositivos móbiles ou en mobilidade.

O desenvolvemento dunha estratexia de seguridade da información permitirá aos empresarios e emprendedores facer fronte a un crecente número de ameazas e asegurarán a protección dun  dos bens máis preciados de calquera organización: a información.

Nesta ligazón podes ver a programación completa.

HORARIOS E INSCRICIÓN NA FORMACIÓN

A programación formativa desenvolveráse as tardes dos martes e xoves de  setembro e outubro en formato teórico e práctico en horario de tarde. As sesións teóricas levaránse a cabo en Santiago de Compostela e os módulos prácticos nas instalacións do Centro Tecnolóxico Gradiant en Vigo. O alumnado deberá acudir co seu equipo informático ás sesións de laboratorio.
Esta formación está destinada ao persoal técnico dedicado á seguridade da información coa función de crear a estratexia de seguridade da información nas súas entidades ou, no seu defecto, actual coma futuros expertos ante outras entidades.. É imprescindible formar parte dunha peme galega, xa sexa como traballador por conta allea, autónomo dependente ou fundador, entre outros. fundador...)
  Dado que só se ofertan 20 prazas realizarase un proceso de selección entre os alumnos que se inscriban, antes do 3 de agosto, no seguinte formulario.

O custe por alumno será de 355€, xa calculado no total o aporte do IGAPE.

Para máis información, a caixa de correo electrónico do Clúster TIC está á vosa disposición en info@clusterticgalicia.com

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies