10 marzo 2014
O Clúster TIC Galicia promove o proxecto “Ferramenta de xestión de proxectos: Elastic Projects” que ten por finalidade a implantación en empresas tecnolóxicas do software de xestión Elastic Projects. Dito proxecto está cofinanciado polo Igape e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).A ferramenta a implantar permite organizar e administrar recursos de tal maneira que se poida culminar todo o traballo requirido nun proxecto dentro do alcance, o tempo, e custo definidos. Elastic Projects permite realizar un control de custos do proxecto, un seguimento da evolución, un control das horas de traballo empregadas, implementar procesos de traballo, xestionar a ...
6 marzo 2014
Coa pretensión de aproveitar a xornada para resolver tanto as cuestións funcionais como a adecuación dos órganos de goberno aos novos estatutos, o Comité Estratéxico na súa reunión do pasado 28 de Febreiro aprobou convocar dúas Asembleas consecutivas, unha Ordinaria e outra Extraordinaria, e coas seguintes ordes de día (acorde ás competencias estipuladas nos artigos 33 e 34): Asemblea Xeral Ordinaria Día: 3 de Abril Hora: 16:30 h en primeira convocatoria e 17:00 h en segunda convocatoria Lugar: Edificio FEUGA, Santiago de Compostela Orden do día 1. Lectura de acta anterior, e aprobación se procede 2. Ratificación de ...
21 febreiro 2014
O Clúster TIC Galicia e o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego colaboran coa Factoría de Innovación de A Coruña de cara a vindeira xornada informativa onde se darán a coñecer as actividades que se desenvolven no entorno desta iniciativa. Un novedoso Centro de Excelencia dedicado ó desenvolvemento do potencial innovador das pemes e organizacións empresariais galegas. A Factoría ten por obxectivo facilitar ás empresas a posta en marcha de proxectos innovadores, que contribuan a dinamizar a actividade empresarial e a mellorar os procesos de produción e xestión, favorecendo a implantación de iniciativas de I+D e innovación ...
14 febreiro 2014
O Clúster TIC Galicia participou o pasado luns, 10 de febreiro, nunha xornada de debate celebrada na Coruña en torno ao documento A innovación en España en 2020, da Fundación Cotec. Neste foro, Antonio Rodríguez Del Corral, presidente do Clúster, defendeu a necesidade de incorporar á análise a perspectiva da Especialización Intelixente, tal como esta se expón desde a Unión Europea, tentando no posible unha coordinación entre as diferentes comunidades autónomas. Fundación Cotec. Segundo Del Corral, sería moi positiva unha "especialización autonómica coordinada".O presidente do Clúster TIC sinalou tamén a necesidade de potenciar o capital risco e as ...
6 febreiro 2014
O Clúster TIC Galicia puxo de manifiesto ante os medios de comunicación a súa implicación na estratexia da especialización intelixente, como palanca de desenvolvemento da competitividade empresarial. Nun almorzo de prensa organizado polo Igape en Vigo e no que participaron representantes de seis clústers, Rosa Méndez, xerente do Clúster TIC Galicia, defendeu que a especialización intelixente é a guía que orienta as prioridades da organización, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento do sector desde “as súas propias fortalezas e os seus recursos de coñecemento”.Méndez explicou que o Clúster puxo en marcha un proceso participativo protagonizado polos socios para desenvolver ...
16 xaneiro 2014
O Clúster TIC Galicia foi beneficiario destas axudas financiadas polo Ministerio de Economía, Industria e Competitivdade para o proxecto "Intelixencia Artificial colaborativa para a Industria Conectada 4.0"O proxecto ten por obxecto explorar as necesidades comúns e específicas para o desenvolvemento de novos algoritmos (Intelixencia Artificial) destinados ao tratamento masivo de datos en entornos industriais, especialmente de industria manufactureira.PROXECTO COFINANCIADO
AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS (CLÚSTERS) INNOVADORAS EN GALICIA (2016)A través desta axuda (procedemento IG193) o Igape concede ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras ...
14 xaneiro 2014
None
None
None
None
SABADELLGALLEGOConvenio asinado o 29 de febreiro de 2016O obxecto deste acordo é poñer a disposición das empresas e emprendedores membros do Clúster TIC produtos e servizos co obxectivo de facilitarlles o acceso ás novas tecnoloxías, á financiación de circulante en calquera das modalidades, así como a financiación a medio-prazo de novas inversións en activos fixos mediante préstamos e leasing.SabadellGallego ofrece aos emprendedores membros do Clúster TIC o programa BStartup para facilitar financiación e acompañamento ás xoves empresas. O programa ofrece produtos e servizos financeiros que ofrezan cobertura ás necesidades específicas dos emprendedores; asesoramento financeiro ...
13 xaneiro 2014
O Ministerio de Economía e Competitividade ven de aprobar o calendario de feiras de carácter comercial e de ámbito internacional que se celebrarán en España durante o 2014. Son feiras de múltiples áreas sectorias mais as empresas socias dispoñen de solucións para todo tipo de sectores polo que a asistencia pode ser un interese compartido que o Clúster está disposto a coordinar.
10 xaneiro 2014
Unha boa nova neste comezo de ano xa que nos facilita a realización do plan estratéxico e operativo do Clúster! Esta liña de axudas, promovida polo IGAPE e cofinanciada polo FEDER, xurde co obxectivo de promover o desenvolvemento económico mediante o fomento da innovación e a cooperación en distintos sectores da actividade económica en Galicia.
8 xaneiro 2014
Disashop é a principal plataforma española de distribución de produtos electrónicos prepago, con sede en Betanzos (A Coruña) e capital 100% español. Conta cunha rede comercial de máis de 22.000 puntos de venda nos catro países nos que opera (España, Estados Unidos, Perú e República Dominicana), dos cales máis de 15.000 están en España. Disashop opera directamente cas principais compañías de telecomunicacións e cos principais emisores de medios de pago electrónico do mundo mediante dúas plataformas (centros de proceso de datos) de alta dispoñibilidade que lle permiten xestionar na actualidade máis de medio millón de transaccións diarias. No ...
2 decembro 2013
Vindeira Capital Network (VCN) é un proxecto no que se da a posibilidade de que emprendedores e inversores teñan un punto de encontro que permita visualizar e coñecer os proxectos innovadores e emprendedores de Galicia e captar financiación inversora que permita canalizar a súa realización. O evento está organizado polo Clúster TIC Galicia e Vindeira e entre os seus principais obxectivos está: 1.- Identificar oportunidades a partir da maduración de resultados I+D+i de Grupos de Investigación, Centros I+D e empresas 2.- Identificar mecanismos de financiación para apoiar a creación e ampliación de EBTs en Galicia 3.- Facilitar ...
29 novembro 2013
Aprobados por unanimidade os novos Estatutos do Clúster TIC, nunha Asemblea que contou cunha participación dun 80%Os Centros Tecnolóxicos poderán ser socios de pleno dereito xunto con empresas, colexios e asociacións.Emprendedores e promotores TIC poderán ser socios e participar no Clúster A Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster TIC Galicia celebrada onte en Santiago de Compostela aprobou por unanimidade os novos estatutos da entidade. Estes cambios estatutarios, que son o froito dun longo traballo no seo da organización, teñen por obxectivos facilitar a incorporación de socios, mellorar e axilizar a operatividade administrativa, eliminar duplicidades nos órganos de dirección, reforzar a ...
29 novembro 2013
O Clúster TIC Galicia fai unha valoración moi positiva da cuarta edición de Vindeira Capital Network, que se celebrou os días 21 e 22 de novembro en Santiago de Compostela e na que se alcanzou unha marca de participantes, cun total de 35 investidores, entre entidades públicas e privadas de Galicia e o conxunto de España. Os investidores participantes realizaron unha alta valoración dos quince proxectos presentados, once deles correspondentes á área ...
22 novembro 2013
O Clúster TIC Galicia e o Clag recibiron a “Bronze Label“, un recoñecemento ás boas practicas e á excelencia, no transcurso das xornadas ATC4Excellence Conference-Clusters for excellence, organizadas polo Igape e que se desenvolveron onte e hoxe en Santiago de Compostela. A entrega deste recoñecemento faise tras a superación da avaliación realizada polo European Secretariat for Cluster Analysis (ESCA) que inclúe 36 indicadores cos que se analizan, entre outros factores, a estrutura da organización, a gobernanza, o financiamento, os servizos proporcionados e a interacción internacional.Un aval e recoñecemento ao labor que desde o Clúster TIC Galicia e o Clag ...
21 novembro 2013
Quince start-ups dos ámbitos das TIC e do software aplicado á Biotecnoloxía participan no foro de inversión da IV Edición de Vindeira Capital Network (VCN13).Durante dúas xornadas (21 e 22 de novembro) os emprendedores terán ocasión de expoñer os seus proxectos ante os máis importantes fondos de capital risco e inversores privados de toda España. En concreto contaremos coa participación foránea de 22 inversores que aglutinan unha capacidade inversora de 35M€.No acto de presentación do evento contamos coa participación de Juan Cividanes, director xeneral de Xesgalicia, Reyes Leis Rodríguez, concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados do Concello ...
20 novembro 2013
A AMTEGA e a Consellería de Traballo e Benestar están a impulsar a RSE no sector TIC galego, fomentando a difusión dos produtos e solucións de tecnoloxía social, sendo estes os obxectivos fundamentais que se recollen no protocolo asinado esta mañá. A elaboración dunha Guía de Boas Prácticas de RSE para o sector TIC e a creación dunha plataforma sectorial TIC de fomento da Responsabilidade Social serán as dúas primeiras medidas nas que traballarán en colaboración a Axencia de Modernización (AMTEGA) e a Consellería de Traballo. Ademáis do Clúster TIC Galicia, este protocolo foi asinado por Agasol, Agestic e ...
15 novembro 2013
Entre o 25 de outubro e o 15 de novembro, en colaboración con XesGalicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), desenrolouse a fase de formación de VCN13, Vindeira Venture Academy, en instalacións en Vigo do Círculo de Empresarios de Galicia. Nesta sede desenrolouse un programa de formación no que as tutorías e o mentoring individualizado representaron o 85%. Este dato da idea de ata qué punto a formación impartida se adaptou ás necesidades e características particulares de cada emprendedor e proxecto. Nas sesións participaron representantes de empresas como Google, Orange, Elogia ou Confirmsign, que compartiron a sua experiencia ...
14 novembro 2013
O pasado mércores o director do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro con algúns dos clústeres galegos mellor posicionados cara a excelencia da xestión, como é o caso do Clúster TIC Galicia. Esta xuntanza serviu como avanzadilla para a conferencia internacional de clústeres que se desenvolverá en Santiago a próxima semana e na que estarán representantes de diferentes institucións de ámbito nacional e europeo, e que terá o obxectivo de impulsar avances cara a excelencia da xestión, de acordo coas directrices europeas.No transcurso do encontro Javier Aguilera salientou que a colaboración e o traballo común das empresas dentro ...
8 novembro 2013
Durante o evento ICT 2013, que está a ter lugar do 6 ao 8 de novembro en Vilna (Lituania), presentáronse as principais liñas de traballo da temática TIC dentro de Horizonte 2020. Destaca a presentación oficial do borrador do Programa de Traballo 2014-2015 en TIC que, se ben non está aprobado de xeito formal, consitúe a folla de ruta para os próximos meses con respecto a todas as actuación de apoio á industria TIC no marco do Programa Horizonte 2020, e que se pode consultar dende a páxina web de DG CONNECT. Asimesmo, para facilitar o seguimento do novo modo ...
27 febreiro 2014
Avansig organiza unha xornada de presentación sobre a ferramenta csUrbanismo o vindeiro venres 7 de Marzo, no Centro Demostrador TIC da Xunta de Galicia (CDTIC)A sesión, dirixida a estudos de arquitectura-urbanismo e consultoras de enxeñaría que redactan plans de ordenación, busca achegar aos Equipos Redactores de Plan Urbanístico unha ferramenta SIG para a xestión integral de proxectos de redacción de plans xerais.Esta ferramenta establece unha nova metodoloxía e propón novas alternativas de análises e procesado da información sistematizando as fases de información e ordenación urbanística, deste xeito redúcese drasticamente o esforzo empregado na execución de proxectos de ordenación ...
26 febreiro 2014
Eutelsat, un dos principais operadores de satélites e provedor clave de servizos de radiodifusión e banda ancha, apostou por este innovador produto para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada. O smart LNB abre a porta a unha ampla gama de servizos, tales como aplicacións M2M vía satélite que van máis alá da televisión lineal tradicional. O smart LNB é un dispositivo electrónico de última xeración equipado con un novedoso transceptor conectado á antena parabólica. O transmisor baséase nun estándar aberto e emprega un enlace de retorno de banda estreita optimizado para transmisións curtas ...
19 febreiro 2014
Tras un ano 2013 no que a empresa volve ao camiño da rendibilidade, Coremain comenza 2014 con importantes cambios. Un dos principais é a incorporación de Alberto Álvarez Cid como director financeiro, substituíndo a Javier Atán quen deixa a compañía para afrontar outros retos profesionais. Alberto, aglutina no seu perfil experiencia no mundo da consultoría, en reestruturación corporativa, refinanciamento e tivo tamén experiencia internacional, elementos de sumo interese no plan de desenvolvemento da compañía que acaba de constituír unha empresa en México, co-participada por Valora Consultores e Academia Postal, como punta de lanza para os produtos e servizos da compañía ...
18 febreiro 2014
O director xeral de Coremain, Luís Sestelo, durante a súa participación na conferencia Destination Europe 2020, celebrada en Bruxelas, presentou o website Tasting Europe, unha mestura de portal e rede social sobre gastronomía europea cuxa licitación gañaron conxuntamente Coremain e TB Media Consulting, fronte a outras 15 propostas de diferentes países.Durante a súa intervención nesta conferencia, organizada pola European Travel Commission en cooperación coa Comisión Europea, Luís Sestelo definiu o proxecto como unha experiencia cuxo obxectivo é o deseño e desenvolvemento dun portal web de turismo que proporciona información sobre os eventos gastronómicos de Europa. Explicou como se recompilou ...
12 febreiro 2014
O Consorcio Construcciones Hospitalarias (formado por FCC Construcción e FCC Construcción de Centroamérica) adxudicou a Ednon International, S.A. a filial da empresa Ednon en Panamá, a subministración e instalación de infraestrutura de comunicacións que inclúe infraestrutura de distribución, o sistema de cableado estruturado e a electrónica de rede. No proxecto colocaranse tres mil metros de bandexa galvanizada en quente e dous mil cincocentos puntos de rede voz, datos e iptv. O importe da licitación correspondente á primeira fase ascende a 360.000 dólares. Ednon International sitúase con esta adxudicación para poder abordar as seguintes oito fases do proxecto. A ...
27 xaneiro 2014
Con motivo do Día da Protección de Datos, 28 de xaneiro, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) está a difundir na presente semana unha serie de recomendacións. Mediante ese conxunto de suxestións, o colexio avoga pola concienciación da cidadanía en materia de seguridade na Rede. O CPEIG considera do máximo interese que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos. Baixo esa premisa, o ente colexial elaborou un conxunto de recomendacións que fai público para contribuír á construción dunha sociedade da información na que a cidadanía debe ser consciente ...
17 decembro 2013
Egatel aportó un Transmisor UHF de Televisión Digital Terrestre de 300W para la norma ISDB-Tb, modelo TE9301, y ha colaborado en su puesta en marcha. De esta forma se apoya la labor de Subtel en el actual proceso de digitalización de la televisión en el país, permitiendo dar a conocer las ventajas de la TDT frente a la televisión analógica convencional, en un momento en el que se está terminando de legislar su implantación. El modelo y potencia del transmisor se ha seleccionado teniendo en cuenta un diseño de red basado en equipos compactos de media potencia. Esta es la ...
11 decembro 2013
A consultora española Ozona Consulting afirma que nestes momentos unha visión global dos procesos de TI nas compañías - que abarque desde a xestión de servizos ata a seguridade da información – son un complemento ideal para a estratexia de continuidade de negocio.As certificacións en ISO 22301, ISO 27001 e ISO 20000 son ademais cada vez máis solicitadas polas empresas á hora de realizar acordos comerciais.Ozona Consulting, compañía española especializada en consultoría de implantación de sistemas de xestión ISO 20000, ISO 27001 e ISO 22301, considera que unha visión global e integradora das distintas normas de calidade que existen ...
11 decembro 2013
Sae á luz o proxecto Metal-Innova, que busca potenciar o uso da I+D+i no sector do metal, como ferramenta de mellora e optimización para conseguir sistemas de produción máis económicos e competitivos. Esta iniciativa, da que forman parte entidades españolas, francesas e portuguesas, está enmarcada dentro do Programa de Cooperación Territorial do Espazo Suroeste Europeo (SUDOE) e está financiada con fondos FEDER. O obxectivo principal é impulsar a elaboración de proxectos conxuntos entre empresas e centros tecnolóxicos de ditos países, facilitando así a confección dunha rede de cooperación que reforce a súa propia capacidade, xerando maiores niveis de ...
1 outubro 2013
Enxenio, empresa socia do Clúster TIC Galicia, obtén a certificación ISO/IEC 25000 de calidade software para un dos seus produtos, xCloud eBookStore, unha plataforma de distribución de eBooks. Esta certificación foi promovida e desenvolta por AENOR, Axencia Española de Normalización, e por ACQ Lab, centro acreditado por ENAC para a realización de ensaios de avaliación de calidade de aplicacións software. A norma ISO/IEC 25000, tamén coñecida como Square (Software Product Quality Requirements and Evaluation), define o proceso de avaliación da calidade dun produto software e as características e subcaracterísticas que poden ser avaliadas, como a funcionalidade, o rendemento ...
8 agosto 2013
Grupo Femxa busca empresas ás que lle interese dispor de persoal para realizar Prácticas non Laborais . Trátanse de xóvenes menores de 30 anos, que cursaron unha formación específica para realizar as tarefas ligadas ás seguintes materias:- Desenvolvemento tecnolóxico de aplicacións Java - Innovación na relación cos clientes: e-commerce e community management - Innovación tecnolóxica na educación: pizarras dixitais, tablets, redes sociais na aula e GAM- Técnico de internacionalización - Especialización no apoio e asistencia ao persoal de oficinas - Organización e xestión das operacións de almacénPara acoller ao persoal en prácticas, débese cumprir o requisito de que a empresa solicitante teña un mínimo de ...
11 xullo 2013
MRW, empresa líder en servizos de mensaxería e e-commerce, desenvolveu en colaboración coa tecnolóxica Confirmsign unha aposta polas comunicacións certificadas con valor probatorio que abarca a entrega en direccións postais, direccións email e móbiles.O novo servizo MRW Burofax consiste nunha plataforma 100% online que permite a xestión desde calquera terminal persoal de comunicacións con carácter probatorio que poderán ter aplicación en ámbito legal. A tecnoloxía achegada por ConfirmSign xa dispón de antecedentes legais que lle outorgan éxitos en defensa equiparables a outros servizos xa existentes, esperando que a unión con MRW que ostenta a mellor fiabilidade no proceso de ...
14 xuño 2013
O evento terá lugar no Centro Demostrador TIC de Galicia Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013.- Ednon, unha das principais empresas do sector TIC de Galicia, organiza esta xornada destinada a CIOs e Responsables de redes e comunicacións de empresas e administracións públicas. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer VENA (Virtual Network Enterprise Architecture) de Avaya, coa que poderán deseñar a sua propia infraestrutura “Cloud” reducindo e simplificando o deseño, o despregue e a xestión. Esta tecnoloxía basada en estándares permitiralle convertir a sua rede de campus ou/e do Data Center nun verdadeiro Ethernet Fabric, permitindo ...
18 abril 2013
Ednon celebrou o mércores 17 de abril o acto de entrega do premio correspondente ao Concurso de Xeración de Ideas iEDNON, que se desenvolvía na súa primeira edición.A través deste galardón, Ednon desexa premiar as ideas orixinais dos seus traballadores que poidan converterse en produtos ou servizos innovadores no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación. A empresa incrementou significativamente a porcentaxe de I+D+i na súa facturación durante os últimos anos, polo que considera imprescindible transmitir a todos os membros da organización as vantaxes de ser unha empresa innovadora, fomentando a súa participación e implicación no proceso ...
11 outubro 2012
Unha empresa socia do Cluster TIC Galicia busca colaboración comercial en México para búsqueda de ubicación e apoio comercial.Ofrécese persoal de preventa e de xestión de proxectos na rama da consultoría ITIL.Os interesados en obter máis información acerca desta colaboración diríxanse a administración do Cluster TIC Galicia.
4 outubro 2012
A través del blog de Velneo, la plataforma de desarrollo de aplicaciones de Visual MS, infórmase de que, tras a boa acollida que tivo a versión básica de Velneo vERP, está a traballar xa nunha nova versión do produto, vERP Profesional, que verá a luz en novembro.O obxectivo é facer un produto destinado aos programadores de Velneo sobre o que, sen empezar dende cero, poidan construír a súa propia solución de xestión empresarial que se adapte ás necesidades dos seus clientes optimizando tempos de resposta e obtendo a máxima rendibilidade. Por esa razón, vERP Profesional incluirá as funcionalidades que ...
1 outubro 2012
Os próximos 9 e 10 de outubro, 2Mares acudirá ao XV Salón Relación Cliente + Call Center, que terá lugar no Hotel Meliá Castilla de Madrid. A 15ª edición do Salón Relación Cliente + Call Center presenta unha actualizada oferta de conferencias e itinerarios formativos e unha aposta firme polo Networking entre expositores e visitantes. Unha oportunidade para as relacións de negocio con partners e clientes e para coñecer os temas de maior interese e actualidade da man dos Key Speakers del Sector. 2Mares participa nesta nova edición como expositor. A empresa ocupará o Posto B9, onde os visitantes poderán coñecer ...
5 setembro 2012
No marco dos xogos paralímpicos de Londres 2012, entre o 29 e 31 de agosto desenvolvéronse no parque olímpico e a TechCity de Londres os StartUp Games, as olimpíadas de empresas tecnolóxicas europeas que o goberno británico organiza para atraer a Londres a empresas tecnolóxicas con alto potencial de crecemento de todo o mundo. Finalmente Intellixente, a solución de 2Mares para servizos de atención ao cliente escalables en social media, resultou elixida entre os gañadores do concurso.Tras un proceso inicial de selección ao que se presentaron máis de 500 empresas de 20 países, seleccionouse un conxunto de 120 empresas ...
5 setembro 2012
Egatel estará presente unha vez máis na próxima edición da feira IBC, que terá lugar do 7 ao 11 de setembro en RAI Amsterdam, co obxetivo de reforzar a súa presenza no mercado da radiodifusión. A empresa presentará no seu stand 8D16 novas configuracións da gama de transmisores UHF de alta potencia con unha alta eficiencia e con refrixeración líquida (serie TLE6800), así como sistemas en media potencia refrixerados por aire capaces de entregar ata 2,4 kW en DVB/ISDB. Igualmente hai que destacar a evolución de moduladores e microtransmisores compactos de DVB-T a DVB-T2 para todo rango de ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...