FASES DO EVENTO

1. Solicitude de participación:

As startups e emprendedores interesados en conectar con inversores e fondos de inversión poderán solicitar a súa participación en Tech Angels Capital completando un formulario electrónico. A data límite para presentar solicitude é o 30/09/2024.

2. Revisión e selección:

Un comité evaluador formado por expertos de Amtega, Igape, Clúster TIC e Node Hub analizará todas as solicitudes recibidas. Seleccionaranse as startups e proxectos máis prometedores, basándose en criterios de innovación, viabilidade e potencial de crecemento.

Os candidatos seleccionados recibirán unha confirmación antes do 07/10/24, asegurando así a súa participación no evento.

3. Preparación para o evento:

As startups seleccionadas participarán en sesións preparatorias, donde recibirán asesoramento para o día da presentación. Levaranse a cabo de maneira presencial e virtual en datas previas ao evento, garantindo que cada presentación sexa clara, persuasiva e ben estruturada.

4. Evento Tech Angels Capital:

Os días 28 e 29 de outubro en Vigo, as startups seleccionadas terán a oportunidade de presentar o seu proxecto ante máis dunha decena de inversores, business angels e fondos de inversión. Este evento trae como novidade unha xornada previa onde os inversores e as startups se poderán coñecer dunh forma máis distendida a través de actividades gastronómicas e de ocio.

5. Selección e acordos de inversión:

Despois do evento, os inversores interesados nas startups realizarán un seguimento personalizado para explorar oportunidades de inversión. Este é o comezo de posibles acordos de inversión e colaboracións que axudarán ás startups a impulsar o seu crecemento e expansión no mercado.

Modify cookies