FASES DO EVENTO
1. Solicitude de participación:
As startups e emprendedores interesados en conectar con inversores e fondos de inversión poderán solicitar a súa participación en Tech Angels Capital completando un formulario electrónico.
2. Revisión e selección:
Un comité evaluador formado por expertos de Amtega, Igape, Clúster TIC e Node Hub analizará todas as solicitudes recibidas. Seleccionaranse as startups e proxectos máis prometedores, basándose en criterios de innovación, viabilidade e potencial de crecemento.
3. Preparación para o evento:
As startups seleccionadas participarán en sesións preparatorias, donde recibirán asesoramento para o día da presentación. Levaranse a cabo de maneira presencial e virtual en datas previas ao evento, garantindo que cada presentación sexa clara, persuasiva e ben estruturada.
4. Evento Tech Angels Capital:
Os días 28 e 29 de outubro en Vigo, as startups seleccionadas terán a oportunidade de presentar o seu proxecto ante máis dunha decena de inversores, business angels e fondos de inversión. Este evento trae como novidade unha xornada previa onde os inversores e as startups se poderán coñecer dunh forma máis distendida a través de actividades gastronómicas e de ocio.
5. Selección e acordos de inversión:
Despois do evento, os inversores interesados nas startups realizarán un seguimento personalizado para explorar oportunidades de inversión. Este é o comezo de posibles acordos de inversión e colaboracións que axudarán ás startups a impulsar o seu crecemento e expansión no mercado.