Zero, a solución tecnolóxica que axuda ás empresas para xestionar os seus residuos e cumprir coas normativas de sustentabilidade

Silvia Camesella,

Zero, a solución tecnolóxica que axuda ás empresas para xestionar os seus residuos e cumprir coas normativas de sustentabilidade


  • TEIMAS traballa con máis 900 instalacións xestoras de residuos e máis de 20.000 puntos de produción de residuos.
  • Actualmente o seu software Zero é utilizado por máis de 30 multinacionais de distintos sectores.
  • Entre as novidades de Zero Autumn Release 2023 destaca a súa compatibilidade con outras plataformas e arquivos.

TEIMAS, empresa española que desenvolve solucións tecnolóxicas para a xestión profesional de residuos e a economía circular, lanza Zero Autumn Release 2023, unha versión mellorada do seu software Zero co que a compañía quere axudar ás empresas para cumprir coas normativas de sustentabilidade e protexer o medio ambiente.

Hoxe en día as empresas convertéronse en actores imprescindibles para protexer os recursos, o medio ambiente e a saúde das persoas. Neste contexto moitas políticas, tanto nacionais como internacionais, impulsan a dixitalización da xestión de residuos a través de solucións tecnolóxicas que ofrecen tanto ás compañías como ás administracións e profesionais implicados na cadea de valor, datos correctos e completos que xeran impactos reais.

Así, para axudar ás grandes corporacións a facer fronte a este cambio na mentalidade e funcionamento empresarial, TEIMAS lanzou ao mercado en 2018 Zero, unha plataforma de xestión na nube co que as empresas optimizan a súa xestión de residuos, asegúranse cumprir coa normativa vixente e conseguen axilizar a preparación de inspeccións, auditorías e memorias de sustentabilidade.

Grazas a Zero, as empresas dispoñen, nun único lugar, de toda a información sobre a xestión dos seus residuos, o que facilita a consulta histórica de datos e a creación de informes. Ademais, a plataforma utiliza tecnoloxía blockchain para controlar os movementos dos residuos xerados, o que permite certificar a súa rastrexabilidade.

Con Zero, as multinacionais conseguiron controlar a xestión dos seus residuos, un labor imprescindible para cumprir coa aplicación da futura normativa europea de adaptación da Directiva sobre dilixencia debida en materia de sustentabilidade.

“Con esta nova actualización, as compañías tamén poderán, entre outras cousas, recibir datos procedentes doutras aplicacións de software (empregadas por xestores, axentes, negociantes etc.)/ etc.), o que permitirá axilizar trámites e reducir tempos de carga de datos”, explica Iago Elizechea Mateos, CTO e socio fundador de TEIMAS.

Outras importantes novidades que inclúe a nova versión Zero Autumn Release 2023 é que permite introducir información de abonos ou cargos asociados aos traslados de residuos e, tamén que, a partir de agora, as empresas poderán incluír tarifas por cada tipo de residuo ou por grupo de residuos, o que axudará ás compañías para coñecer e controlar mellor os datos económicos asociados.

Ademais, con esta actualización de Zero, as empresas poderán tramitar a documentación legal de residuos non só en España se non tamén en Portugal, a través da plataforma, e empregar un documento propio de rastrexabilidade de residuos no resto de países.

Dixitalización para protexer o medio ambiente

A dixitalización é e será a clave que permitirá a moitas empresas protexer, de maneira máis eficiente, o medio ambiente xa que, grazas á tecnoloxía, poderán dispoñer de información máis detallada e, por tanto, mellorar a súa toma de decisións con respecto á súa sustentabilidade.

Actualmente TEIMAS traballa con máis 900 instalacións xestoras de residuos e máis de 20.000 puntos de produción de residuos que empregan as súas solucións tecnolóxicas. Ademais, desde a compañía apuntan que Zero xa o utilizan máis de 30 multinacionais de sectores tan diversos como téxtil, food and beverage, enerxía, oil & gas e telco.

Unhas cifras que nos dan unha idea do éxito do seu software e da importancia que ten para as empresas desenvolver estratexias de protección do medio ambiente e a forte aposta que se está levando a cabo no ecosistema empresarial pola economía circular e a sustentabilidade.

Más información: https://teim.as/zero-autumn-2023

Sobre TEIMAS

Fundada en 2008 coa premisa de coidar o planeta e a saúde das persoas a través da tecnoloxía, TEIMAS é unha compañía española, especializada en software para a cadea de valor do residuo. O seu obxectivo é axudar ás empresas no seu avance cara a modelos de negocio máis sostibles, capaces de desvincular o crecemento económico do consumo de recursos, reducir o impacto ambiental das actividades industriais e asegurar unha sociedade máis próspera.

As súas solucións dixitais, coas que actualmente traballan 900 instalacións xestoras de residuos e máis de 20.000 puntos de produción de residuos, simplifican o control dos residuos, facilitan o cumprimento normativo e impulsan negocios sostibles en grandes corporacións e en empresas xestoras de residuos.

Grupo Damm, Rede Eléctrica Española e Telefónica, entre outras, son algunhas das empresas que utilizan o software de TEIMAS.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies