Un agradecemento ao apoio de Plexus Tech. A compañía recibiu, o pasado 17 de febreiro, o recoñecemento da Xunta de Galicia por ser Patrocinador Oficial do Xacobeo 21-22. O fundador e CEO da firma, Antonio Agrasar Cascallar, estivo presente en Santiago para recoller o galardón.
Con esta homenaxe quíxose poñer en valor o papel realizado por empresas como Plexus Tech. O seu patrocinio foi clave, tal e como apuntou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante o acto, para o éxito deste dobre Ano Santo.
A progresiva volta a normalidade, así como a exaltación do Camiño de Santiago como un turismo seguro, fixo posible alcanzar cifras de récord. Ese espírito tradicional de solidariedade ligado ao roteiro xacobeo casou á perfección coa recuperación da vida social, tras meses moi duros, nos que a poboación estivo encerrada pola pandemia.
Así, tras un 2021 no que se foi recuperando parte da normalidade, no 2022, coa apertura das fronteiras e a perda das restricións, o Camiño demostrou todo o seu potencial. Batéronse as marcas históricas de peregrinos, con máis de 438.000 viaxeiros que selaron a ‘Compostela’, demostrando que, traballando en conxunto, pódense lograr grandes metas.
Dentro deste éxito, Plexus Tech colaborou como Patrocinador Oficial da campaña institucional, reafirmando así o seu compromiso coa marca Galicia. Demostrando unha gran implicación coas súas orixes, a firma galega achegou o seu gran de area para que este ano Santo fose o mellor da historia.
Grazas a el, con todas as iniciativas e actividades que levaron a cabo, Galicia volveu proxectar a todo o mundo. Demostrou todo o que pode ofrecer e sentou as bases, grazas ao traballo ben feito, para un futuro próspero no sector turístico.
Así mesmo, esta experiencia tamén serviu para poñer en valor a importante e necesaria unión entre tecnoloxía e turismo. Ambos os sectores atópanse cada día máis ligados entre si, unha vinculación que se fará aínda máis necesaria no futuro.
Comentarios