Plexus Tech deseña Plexocast, un dispositivo que reproduce os contidos multimedia do cliente na pantalla da súa habitación de hotel

Silvia Camesella,

Plexus Tech deseña Plexocast, un dispositivo que reproduce os contidos multimedia do cliente na pantalla da súa habitación de hotel


PlexoCast é un produto deseñado pola compañía tecnolóxica Plexus Tech que permite mellorar a experiencia de usuario do cliente no sector hospitality, permitíndolle visualizar na pantalla da súa habitación os contidos do seu dispositivo de maneira sinxela e segura.

A súa utilización é moi fácil e intuitiva. Simplemente o usuario debe conectarse á rede wifi do hotel e capturar o código QR que se mostra na pantalla da súa habitación. Esta solución de casting permitiralle reproducir o contido multimedias das súas aplicacións favoritas (Netflix, Movistar, HBO…) directamente na TV. Pola súa banda, o hotel pode personalizar as instrucións coa súa imaxe corporativa, compartir o contido desexado co usuario e darlle un check in personalizado cunha benvida no seu propio idioma.

Actualmente PlexoCast está dispoñible no Oracle Cloud Market Place, isto implica que pode realizar integracións de modo nativo e certificadas cos clientes que usan Opera Cloud expandindo así as capacidades de Opera Cloud e prestando servizos de valor engadido nas habitacións nunha contorna completamente integrada e personalizado para unha experiencia de cliente completamente inmersiva.

Os produtos especializados en Hospitality de Plexus Tech potencian a conexión co cliente e garanten unha estancia máis cómoda, segura e personalizada nos hoteis de medio mundo: máis de 80 hoteis en todo o mundo confían xa nestas solucións que transforman a experiencia do cliente.

Acerca de Plexus Tech

Compañía tecnolóxica con máis de 20 anos de traxectoria traballando para gran parte das compañías do IBEX35, os principais retailers do país, e con gran especialización no sector banca, turismo, servizos sociais, sendo líder a nivel nacional no sector de saúde tanto na administración pública como privada. Conta cun total de 24 sedes con gran capilaridade en todo o territorio español, con presenza internacional en UK, Alemaña, Portugal, México e coa mirada posta en USA, onde recentemente acaba de abrir oficina en Miami. Plexus Tech ten entre os seus obxectivos a creación de células de hiperespecialización nas últimas tecnoloxías para todas as áreas transversais como ciberseguridade, dixital, customer centric, arquitectura e data, cloud, ecommerce, etc.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies