Plexus Tech reforza o seu crecemento coa integración de Brüke, unha consultora tecnolóxica punteira en implantación de solucións para a xestión de talento

Silvia Camesella,

Plexus Tech reforza o seu crecemento coa integración de Brüke, unha consultora tecnolóxica punteira en implantación de solucións para a xestión de talento


  • Plexus Tech integra no seu Grupo os servizos e equipo profesional de Brücke
  • Plexus Tech continua así co seu obxectivo de ampliar a súa carteira de solucións tecnolóxicas para os seus clientes con esta nova integración
  • Plexus Tech asume o acordo de partnership con SAP para a implantación e mantemento das ferramentas punteiras ‘SAP HCM’ e a súa evolución na nube ‘SAP SuccessFactor’

Plexus Tech segue a súa senda de crecemento sostible coa integración de Brücke, unha consultora tecnolóxica hiperespecializada na implantación de solucións para a xestión de talento, que pasa a formar parte da compañía. Á vez, Plexus Tech suma tamén á súa carteira de servizos a ferramenta SAP, software de referencia para a xestión centralizada do persoal.

Nesta liña, a compañía asume o acordo de partnership con SAP para a implantación e mantemento das ferramentas punteiras SAP HCM e a súa evolución na nube SAP SuccessFactor. Estas aplicacións, utilizadas por máis de 200 millóns de usuarios en máis de 200 países, permiten xestionar, dunha maneira centralizada, que necesitan os empregados dunha empresa, como traballan e que lles motiva, co obxectivo de enfocar as estratexias empresariais respecto a o seu persoal.

Deste xeito, entre as competencias que asumen están a xestión centralizada das necesidades do persoal; o procesamento avanzado da nómina; a mellora da xestión para a contratación, captación e desenvolvemento do talento; a orientación e planificación da forza laboral; así como o control da experiencia do empregado para mellorar a produtividade.

O acordo de integración, que se formalizou a pasada semana, permite ao grupo Plexus a inclusión dunha nova solución tecnolóxica punteira. Así, a compañía conta agora con ecosistemas líderes para o tratamento interno do talento, que poderá implantar nos seus clientes.

Ademais, incorpora ao seu persoal un equipo de profesionais altamente cualificado neste sector, con máis de dezaoito anos de experiencia e innumerables casos de éxito. Entre eles, cabe destacar os proxectos que executaron en Aena, Correos, Santalucía, Talgo, John Deere ou Cecabank.

Así mesmo, dada a experiencia do novo equipo que se integra en Plexus Tech, a estas solucións súmase tamén a ferramenta aTurnos. Este software compleméntase cos anteriores para unha planificación eficiente e evolucionada dos cuadrantes de quendas de traballo, que inclúe o rexistro diario da xornada, os permisos e as vacacións.

Por tanto, a través da integración de Brücke, Plexus Tech mantén a súa premisa de seguir innovando, incorporando novas solucións tecnolóxicas e incrementando o seu talento. Este obxectivo levoulle nos últimos anos a integrar no grupo outras compañías como HCD - Human Computer Development, Dixital Works ou SM2 by Plexus.

Sobre Plexus Tech

Plexus Tech é unha compañía tecnolóxica especializada en servizos e produtos IT, con máis de 20 anos de traxectoria e cun equipo de máis de 2.800 profesionais. Mantendo unha liña sólida de crecemento, o pasado exercicio pechouno cunha facturación de 124 millóns de euros. Actualmente conta con 24 sedes no territorio español e presenza internacional en UK, Alemaña, Polonia, Portugal, México e USA (Miami). Traballa para gran parte das compañías do IBEX35, os principais retailers do país, e con gran especialización no sector banca, turismo, servizos sociais, sendo líder a nivel nacional no sector de saúde, tanto na administración pública como privada.

Entre os seus obxectivos está a creación de células de hiperespecialización nas últimas tecnoloxías para todas as áreas transversais como ciberseguridade, dixital, customer centric, arquitectura e data, cloud, ecommerce... Ademais, conta cun modelo híbrido de traballo, “Flexology”, que permite aos seus equipos desenvolver o seu labor profesional desde a súa casa, a oficina ou desde calquera parte do mundo.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies