Plexus Tech participa no programa Galicia Retorna Cualifica Emprego, para que galegas e galegos emigrados, ou os seus descendentes, poidan retornar cun traballo

Silvia Camesella,

Plexus Tech participa no programa Galicia Retorna Cualifica Emprego, para que galegas e galegos emigrados, ou os seus descendentes, poidan retornar cun traballo


A orixe de Plexus Tech está vinculado a Galicia. Desde a súa terra natal, fai xa máis de vinte anos, Antonio Agrasar arrincaba un proxecto tecnolóxico que non parou de crecer. Da man do seu fundador e CEO, a compañía sempre estivo agradecida e comprometida coa súa terra. En base a esas orixes e a ese compromiso, Plexus Tech adhírese á Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia, formando parte do Programa Retorna Cualifica Emprego.

Con Galicia Retorna Cualifica Emprego, a Xunta de Galicia ofrece un mecanismo e medios para a cualificación e inserción no mercado laboral galego das persoas emigradas e descendentes delas.

Nesta liña, grazas á nosa colaboración co programa, Plexus Tech pon á súa disposición ofertas laborais no ámbito tech. Así, ofrécelle unha gran oportunidade de retorno, coa seguridade de desenvolverse profesionalmente nun sector en crecemento constante, a todas aquelas persoas vinculadas a Galicia que queren volver.

Deste xeito, froito das características do programa Galicia Retorna e co obxectivo de achegarlles seguridade na súa viaxe, as persoas beneficiadas asinan un contrato indefinido, cuxa duración nunca será inferior ao ano.

Desde que comezou Galicia Retorna Cualifica Emprego neste 2023, varios perfís tecnolóxicos xa se adheriron aos nosos equipos. Por tanto, integramos novo talento tech grazas ao programa. E seguiremos facéndoo, debido a que está aberto ata finais do próximo mes de novembro.

Que deben facer as persoas interesadas?

Para participar no programa Galicia Retorna Cualifica Emprego, as persoas que están interesadas deben acceder á plataforma da Secretaría Xeral de Emigración (www.iberempleo.net). A través dela, na área de “Acceso Candidatos”, poderán acreditar que cumpren os requisitos e enviar os seus CV.

Tras pasar este rexistro inicial, terán unha entrevista co departamento responsable do programa, co obxectivo de enfocar os seus intereses ás empresas participantes, entre elas, Plexus Tech. Por iso, recibimos as propostas das persoas cuxa experiencia laboral encaixe no noso ámbito tech.

Tras poñernos en contacto, realizarán unha entrevista coas nosas compañeiras e compañeiros da área de Talento e se os nosos intereses e os seus encaixan, pasarán a formar parte de Plexus Tech.

Neste último caso, a través do programa, tramitarán a viaxe a Galicia das persoas beneficiadas e axudaranlles na procura dunha vivenda.

Galicia, pioneira en talento tecnolóxico

A pesar da súa situación xeográfica, Galicia é pioneira en tecnoloxía e destaca por contar con grandes profesionais do sector. Ese gran talento tech que posúe a comunidade é unha das claves do crecemento de Plexus nestas máis de dúas décadas.

En todo caso, as demandas do mercado e a continua innovación fan necesario o impulso de novo talento para o sector. Para manter esa posición de referencia en tecnoloxía de vangarda, Galicia necesita máis profesionais. Nesta liña, a vinculación de Plexus Tech coa Secretaría Xeral de Emigración e o plan Galicia Retorna representa un aliciente e unha oportunidade para as galegas e galegos no exterior.

Retorno voluntario de galegos emigrados

Coa nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26, da que forma parte o programa Retorna Cualifica Emprego, a Secretaría Xeral de Emigración facilita o regreso de miles de galegas e galegos emigrados. Para iso ofrécelle facilidades para a súa inserción laboral na comunidade, así como axudas para a vivenda, entre outras medidas.

Tras o éxito da pasada edición, a Xunta quere achegar o programa a máis persoas no exterior. Despois de que historicamente Galicia fose unha comunidade de emigrantes, agora búscase o camiño á inversa, o retorno voluntario.

Para iso, contan cun centenar de medidas, duplicando o esforzo da anterior Estratexia Retorna 2020, con vixencia ata este ano. Precisamente, a pasada edición foi todo un éxito, superando amplamente as previsións iniciais. O obxectivo era o regreso de 20.000 persoas e logrouse que fosen 28.000 galegos e galegas as que decidiron volver á súa terra natal. Así, agora, o reto ponse no regreso de 30.000 emigradas e emigrados para o próximos tres anos.

Nesta ambiciosa estratexia do ente autonómico, entre as medidas que compoñen a liña de actuación están:

  • Proporcionar instrumentos de atracción profesional de poboación galega residente na exterior
  • Incorporación ao mercado laboral a través de medidas específicas
  • Potenciar as plataformas creadas para a xestión integral da información de interese e o asesoramento técnico.
  • Intensificar o asesoramento, seguimento e apoio integral ás familias no retorno
  • Axudar ao emprendemento e ao autoemprego das e os galegos retornados, en especial no rural galego
  • Facilitar o acceso á vivenda a través da incorporación da figura dos retornados e retornadas ás liñas de axuda para alugueiro, rehabilitación e compra
  • Promover a continuidade educativa dos retornados e retornadas e dos seus familiares
  • Facilitará a participación nos programas de inclusión sociolaboral
  • Reforzar a capacitación das habilidades transversais máis demandadas polo mercado laboral
  • Apostar por programas de desenvolvemento persoal da mocidade retornada


Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies