Plexus Tech, no epicentro da innovación en networking e ciberseguridade

Silvia Camesella,

Plexus Tech, no epicentro da innovación en networking e ciberseguridade


  • O CIO da compañía, Juan Sende, participa no HPE Aruba Networking Partner Ambassador Symposium en Silicon Valley

Plexus Tech viaxou a Silicon Valley para estar no epicentro da innovación en networking e ciberseguridade. O CIO da compañía, Juan Manuel Sende, participou no HPE Aruba Networking Partner Ambassador Symposium 2026, un encontro técnico e estratéxico exclusivo que reuniu a un grupo seleccionado de especialistas internacionais cos líderes e responsables de produto de HPE Aruba Networking. 

Unha oportunidade privilexiada para coñecer de primeira man as estratexias e os roadmaps tecnolóxicos de HPE Aruba Networking para 2027 e os próximos anos, intercambiar coñecemento directamente cos seus equipos de Product Management e compartir experiencias con outros Partners Ambassadors do ecosistema. 

Co seu CIO, Plexus Tech non só estivo representado nesta gran cita, senón que tamén puido conectar con grandes líderes tecnolóxicos. Ademais, este evento tamén lles permitiu anticipar as tendencias do sector para o futuro, un aspecto clave para seguir innovando e achegar máis valor aos seus clientes. 

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies