O Ministerio de Asuntos Exteriores adxudica a Ozona Tech a renovación da infraestrutura para escritorio remoto

Silvia Camesella,

O Ministerio de Asuntos Exteriores adxudica a Ozona Tech a renovación da infraestrutura para escritorio remoto


Ozona Tech resultou adxudicataria do concurso público licitado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación (MAEUEC) para a renovación de licenzas de software de virtualización para escritorio remoto.

Ozona Tech impúxose a outras compañías nun contrato por un valor próximo aos 295.000 euros.

Para Ramón Ares, CEO de Ozona Tech, “o escritorio remoto é estratéxico para unha organización cunha gran dispersión xeográfica e cunhas evidentes necesidades de seguridade”.

O MAEUEC desenvolveu hai anos un modelo de posto de traballo virtualizado que achega grandes vantaxes aos usuarios, ao proporcionarlles un acceso de maneira transparente e directa aos recursos corporativos. Ademais, permite aos informáticos do ministerio realizar unha administración centralizada dos escritorios de centos de funcionarios que traballan en embaixadas e consulados de todo o mundo.

Ozona Tech, que conta con máis de 20 anos de experiencia na modernización do posto de traballo, gañou outro concurso público a finais de 2021 licitado pola Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) para a consultoría e implantación dunha solución de virtualización de posto de traballo (VDI) por un importe duns 5 millóns de euros destinados a despregar 10.000 escritorios virtuais en catro anos.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies