O Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) confía no equipo de Dos Espacios para reforzar o seu gabinete de comunicación

Silvia Camesella,

O Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) confía no equipo de Dos Espacios para reforzar o seu gabinete de comunicación


  • A empresa é a adxudicataria dun concurso público da ZFV e prestará esteservicio durante os próximos dous anos

A empresa Dous Espazos é a adxudicataria do contrato de servizo de apoio ao gabinete de comunicación do Consorcio da Zona Franca de Vigo e colaborará coa entidade durante os próximos dous anos prestando servizos de comunicación 360, de redes sociais, de deseño gráfico e audiovisuais.

O equipo de Dous Espazos, con ampla traxectoria en comunicación pública no ámbito da tecnoloxía, a industria e a innovación, asume este novo reto co obxectivo de achegar todo o seu coñecemento e experiencia ao servizo dunha institución pública cun papel tan relevante no impulso á economía e a creación de emprego como é o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Dous Espazos conta cun equipo de comunicación especializado en políticas públicas, turismo e innovación. Cun estilo de traballo diferenciado e único, achega un servizo transversal, adaptado e adaptable ás necesidades de cada entidade. A compañía compleméntase ademais cunha área de consultoría de turismo e cun departamento de TI baseados na innovación, que lle permiten ofrecer aos seus clientes as solucións tecnolóxicas máis avanzadas.

CZFV

O Consorcio da Zona Franca de Vigo, que conmemora o seu 75 aniversario, é unha institución pública que xestiona unha zona franca de comercio internacional e actúa como axencia de desenvolvemento económico na súa área de influencia. Administra unha zona franca con todas as vantaxes que isto supón para a importación e exportación, é o principal promotor de chan e infraestruturas empresariais e promove a innovación, o emprendemento e a internacionalización, a través de viveiros empresariais, incubadoras e aceleradoras empresariais.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies