O Clúster TIC Galicia recibe os borradores dos plans directores da automoción e da construción naval para aportar as súas achegas

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia recibe os borradores dos plans directores da automoción e da construción naval para aportar as súas achegas


O Clúster TIC Galicia vén de recibir os borradores dos plans directores do sector da automoción e da construción naval para efectuar as súas achegas no apartado de dixitalización. Os asociados que queiran aportar o seu expertise na elaboración destes instrumentos da planificación poden dirixirse á oficina da entidade, a través de info@clusterticgalicia.com ou do teléfono  881 939 651, ata o 30 de agosto.

As suxestións por parte de empresas socias forma parte do compromiso que adquiriu o Clúster TIC Galicia coa Secretaría Xeral de Industria, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, para potenciar o desenvolvemento da actividade industrial nestes sectores estratéxicos para a política industrial da Xunta. 

Na elaboración destes plans directores participan, ademais, as consellerías con competencias en cada materia, así como o sector privado e representantes dos traballadores. Deste xeito, preténdese contar cun instrumento consensuado que recolla medidas e mecanismos para impulsar a súa competitividade e posicionamento no actual contexto de transformación dixital e enerxética, ofrecendo unha resposta real ás necesidades dos diferentes sectores.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies