O Clúster TIC Galicia anima aos seus asociados a participar esta semana en tres eventos tecnolóxicos de gran relevancia

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia anima aos seus asociados a participar esta semana en tres eventos tecnolóxicos de gran relevancia


O Clúster TIC Galicia vén de convidar aos seus asociados a participar en tres eventos tecnolóxicos de gran relevancia que van ter lugar esta semana na nosa Comunidade:

  • Oportunidades da industria de seguridade e defensa para Galicia. Xoves 10 de outubro, ás 9:00 h, na Finda dos Lunas (Santiago de Compostela). Trátase dun evento organizado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, para explorar as oportunidades que ofrece a industria da seguridade e defensa para as empresas galegas. Abordaranse temas como o financiamento, a innovación e a tecnoloxía aplicada. Os interesados deben confirmar a súa asistencia nesta ligazón. O programa completo aquí
  • International Quantum Business Conference. Xoves 10 de outubro, ás 9:00 h, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Fujitsu, en colaboración co CESGA e a Xunta de Galicia, organiza este encontro para dar forma ao futuro da tecnoloxía cuántica. Este evento pretende ser un foro de debate para perfís tanto técnicos como executivos, entre provedores, clientes, investigadores e outros axentes públicos e privados. Abordaranse tanto os aspectos de I+D das diferentes tecnoloxías cuánticas, como as aplicacións á industria en diferentes campos (descubrimento de fármacos, loxística, enerxía, finanzas, etc.). Máis información e inscricións
  • Presentación do proxecto Galicia Green Data Center-Ingenostrum. Venres 11 de outubro, ás 11:30 h, nesta dirección, en Curtis (A Coruña). Neste acto presentarase o proxecto Galicia Green Data Center-Ingenostrum, un centro de procesamento de datos que será a primeira infraestrutura destas características en Galicia, con capacidade para aloxar datos de empresas e institucións. As empresas socias interesadas en asistir deberán enviar o nome completo e cargo dos asistentes a info@clusterticgalicia.com antes do xoves 10 de outubro, ás 14:00 h.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies