O Clúster TIC Galicia intégrase no Consello Asesor da Fundación Galicia Constrúe para contribuír a incorporar a IA ao seu sector

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia intégrase no Consello Asesor da Fundación Galicia Constrúe para contribuír a incorporar a IA ao seu sector


A semana pasada reunímonos coa Fundación Galicia Constrúe para entrar a formar parte do seu Consello Asesor. O obxectivo é axudar á entidade a incorporar a intelixencia artificial (IA) ao seu sector, como estamos a propoñer noutros ámbitos industriais, ademais de achegar a nosa visión e capacidade tecnolóxica para contribuír ao cumprimento dos desafíos da industria da construcción, aportando valor e unha visión global.

O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez Del Corral, e o máximo representante da Fundación Galicia Constrúe, Diego Vázquez Reino, selaron este compromiso no Centro de Servicios Avanzados (CSA) Cidade das TIC, onde exploraron diferentes sinerxías para o desenvolvemento de proxectos sostibles e innovadores na comunidade.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies