Nicolás Sanchez Roel, Chief Dixital Officer de Plexus Tech e experto en intelixencia artificial, participou o pasado xoves 1 de decembro no ciclo de conferencias AI : MORE THAN HUMAN, un ambicioso proxecto expositivo, inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial celebrado en Afundación da Coruña.
Co seu relatorio «A Intelixencia Artificial, unha solución para pequenas e grandes empresas», Sánchez abordou as posibles vías de adopción da Intelixencia Artificial por parte de organizacións, e as diferentes solucións existentes segundo a natureza do sector ou da propia empresa. A conferencia profundou ademais en solucións de natureza Cloud para facilitar o desenvolvemento de solucións de intelixencia artificial de maneira rápida e escalable en contornas pensadas especificamente para este fin.
Porque cando se fala de Intelixencia Artificial, habitualmente trátase de grandes compañías como Meta, Google, Netflix, etc. e asócianselle grandes investimentos de I+D+i, pero a realidade é que, máis alla deses proxectos sumamente complexos e afastados das capacidades técnicas e económicas da maior parte das compañías, existen múltiples posibilidades de aplicación da IA.
Este ciclo de conferencias estenderase ao longo dos meses de decembro e xaneiro, e está enmarcado na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS que está a levar a cabo Afundación en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais coa colaboración dos asistentes a estas actividades programadas.
Comentarios