A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e membros da directiva desta entidade, no que abordaron novas vías de colaboración para seguir contribuíndo ao reforzo dun sector, que é clave para impulsar a transformación dixital da industria galega.
O presidente do Clúster TIC estivo acompañado na citada reunión de Josefina Fernández, en representación da empresa Altia, que ostenta a Vicepresidencia de Grandes Empresas, e de Santiago Paz, en representación de Dos Espacios, a cargo da Vicepresidencia de Pemes.
O Clúster TIC Galicia está conformado por 133 socios, entre os que se inclúen empresas das tecnoloxías da información e a comunicación, centros tecnolóxicos e colexios e asociacións profesionais. A Xunta mantén unha constante coordinación con esta entidade, en proxectos como o da Cidade das TIC, que se está a impulsar na Coruña, a posta en marcha de diferentes programas de dixitalización para o tecido empresarial, a internacionalización ou a formación.
Comentarios