imaxin|software alíase coa portuguesa Priberam para integrar o seu sistema de tradución automática nun software de tratamento de vídeo con intelixencia artificial

Silvia Camesella,

imaxin|software alíase coa portuguesa Priberam para integrar o seu sistema de tradución automática nun software de tratamento de vídeo con intelixencia artificial


  • A empresa galega establece unha colaboración internacional cunha das empresaseuropeas máis relevantes en procesamento da linguaxe natural e tecnoloxías para mediosde comunicación, con ampla presenza nos mercados de fala portuguesa
  • imaxin|software fornecerá a tradución automática en sete pares de idiomas ao softwarede tratamento de vídeo plainX, entre os que figuran o galego
  • A tradución de contidos farase mediante Opentrad, plataforma líder en servizos detradución en código aberto de imaxin|software, que acaba de renovar a súa web e queestá en pleno proceso de incorporación de novas funcionalidades
  •  plainX é un innovador software de Priberam que permite, empregando técnicas de intelixencia artificial, a transcrición, tradución, subtitulado de dobraxe de calquera vídeo de forma automática e nunha gran cantidade de idiomas
  • A alianza entre imaxin|software e Priberam inclúe outras accións de colaboración a medioprazo noutros produtos e servizos 

A empresa galega imaxin|software e a portuguesa Priberam remataron a integración de varios pares deidiomas da plataforma Opentrad no software de tratamento de vídeo plainX que permitea transcrición, tradución, subtitulado e dobraxe automática empregando avanzadastécnicas de procesamento de linguaxe natural e de intelixencia artificial. Este proxectoforma parte dunha colaboración entre ambas dúas empresas, especializadas neste tipo desolucións, e que se ampliará no futuro con novos proxectos en común.

A renovada plataforma de tradución automática de imaxin|software, Opentrad, fornece desde agora a tradución dos seguintes pares de idiomas: galego a portugués, galego a español, español a catalán, español a portugués, catalán a español, español a galego e portugués a galego. Opentrad, que acaba de renovar a súa web www.opentrad.com, permite a tradución de textos, webs e documentos a un gran número de idiomas e con distintas opcións de personalización.

Pola súa parte, plainX e unha innovadora ferramenta de adaptación de vídeo alimentada por intelixencia artificial de Priberam, que inclúe funcionalidades de transcrición, tradución, subtitulado e dobraxe de calquera vídeo de forma automática. 

Deste xeito, non só axuda na localización do contido, senón que aforra moitas horas de traballo de edición e permite unha difusión máis áxil. En cuestión de minutos, é posible obter a versión do vídeo en múltiples idiomas para poñelo a disposición dos clientes ou audiencias.

plainX xa está a ser usado por grandes axencias de noticias, empresas de tradución ou cadeas de televisión de varios países. O programa permite a súa integración con outros sistemas de monitorización de medios, o que aumenta exponencialmente as súas posibilidades e novos usos como, por exemplo, a creación de podcast automáticos sobrecalquera tema de actualidade.

“A integración dos pares de idiomas de Opentrad co software de Priberam supón un salto adiante para nós, co establecemento dunha alianza cunha das empresas líderesen procesamento de linguaxe natural a nivel europeo e nunha plataforma, plainX, quefacilita enormemente o traballo de xestión de vídeos en varios idiomas”, sinalou o directorde imaxin|software, Diego Vázquez. “Neste momento, o uso de tecnoloxías de intelixenciaartificial permite aforrar moitas horas de traballo e desenvolver funcionalidades que atahai pouco, simplemente, non existían”, conclúe.

Pola súa parte, Carlos Amaral, CEO de Priberam, valorou positivamente “acolaboración con imaxin|software, unha empresa cunha longa traxectoria, vintecinco anos, no desenvolvemento de proxectos de tradución automática, e que comparte con nós a filosofía de crear produtos e servizos baseados no procesamento da linguaxe naturale da incorporación das posibilidades que achega a intelixencia artificial”. Amaral lembrou as “grandes posibilidades que ofrece para empresas, medios de comunicación, axencias de tradución ou produtoras plainX, tanto a nivel de difusión de contidos como de aforro de tempo de traballo”.

Priberam

PRIBERAM é unha empresa tecnolóxica portuguesa líder en solucións de procesamentode linguaxe natural (PNL) e intelixencia artificial no mercado de lingua portuguesa. Cunequipo multidisciplinar que inclúe enxeñeiros de software e lingüistas, desenvolveprodutos e servizos que usan millóns de persoas en todo o mundo. Fundada en 1989, éresponsable do diccionario Priberam, o estándar da lingua portuguesa, e dos produtosplainX, de manipulación de vídeo, e Monitio, que permite a monitorización en tempo realde noticias en calquera idioma. Entre os seus clientes figuran, entre outros, Amazon, aaxencia Lusa, Microsoft, RTP, Walt Disney Pictures ou Kobo.

Imaxin| software

IMAXIN|SOFTWARE é unha empresa galega fundada en 1997 especializada no procesamento da linguaxe natural (PNL) e na localización de software en diferentes idiomas. Mantén e desenvolve a plataforma de tradución automática Opentrad. Igualmente, traballa en aplicacións multimedia para a educación, a formación e a comunicación, e dispón dunha ampla experiencia no desenvolvemento de xogos serios, aplicados e gamificación. Entre os seus clientes figuran, por exemplo, xornais como La Vozde Galicia, Faro de Vigo, Ara, Europa Press, así como distintas administracións públicas autonómicas ou estatais, como a Xunta de Galicia.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies