O martes 27 de novembro, na sede do FEUGA (Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela) celébrase unha xornada informativa sobre o programa Re-Acciona á que están convidados os socios do Cluster.
A xornada desenvolverase conforme ao seguinte programa:
- 09:45 Recepción dos asistentes.
- 10:00 Presentación da Xornada.
- 10:10 O programa Re-Acciona: Servizos para a mellora da competitividade das pemes.
- 11:30 Experiencias reais de participación no programa.
- 11:45 Pausa café.
- 12:00 Consultas individuais (previa inscrición).
O programa Re-Acciona é unha iniciativa posta en marcha polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), con financiamento dos fondos FEDER, para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas. O seu obxectivo é facer accesibles ás pemes servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano, como fonte de creación de vantaxes competitivas sustentables.
Desde o Cluster anímase aos socios a participar nesta xornada que de seguro será do seu interés.
Comentarios