Xornada de Descubrimento de Proxectos "Clúster TIC Capital Network"

Xornada de Descubrimento de Proxectos "Clúster TIC Capital Network"


























O Clúster TIC Galicia abre a inscrición para participar na xornada de emprendedores-investidores CLÚSTER TIC CAPITAL NETWORK.  A maior iniciativa de investimento TIC de Galicia na que se identifican oportunidades de negocio e mecanismos de financiamento para apoiar a creación e ampliación de EBTs, así como a de facilitar os procesos de co-investimento en proxectos mediante a atracción de investidores privados que complementen os mecanismos de investimento público existentes.

QUÉN SE PODE PRESENTAR?

Emprendedores, startups e empresas de base tecnolóxica que teñan ou non produto no mercado; que se atopen nun proceso inicial de desenvolvemento ou que precisen dunha ampliación de capital que lles permita o despegue de forma definitiva.
O prazo de inscrición remata ás 23:59h. do 19 de xullo de 2015


QUÉ PROXECTOS PARTICIPARÁN NA XORNADA DE DESCUBRIMENTO?
Os interesados poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario. Por motivos loxísticos, escollerase un número limitado de proxectos para a súa participación directa na xornada, atendendo as súas características e ás posibilidades de financiación.
O proceso de selección remata na semana do 20 de xullo de 2015
 

QUÉN ESTARÁ NA XORNADA?

Os proxectos seleccionados, os investidores TIC e o Club de Investidores do Clúster TIC Galicia.

O Clúster organizará o evento para que todos os proxectos seleccionados sexan presentados, en modo elevator-pitch, ante os investidores; tamén terán múltiples oportunidades de networking directo con eles.

CANDO SE CELEBRARÁ A XORNADA DE DESCUBRIMENTO?

Na última semana do mes de xullo

Máis información: info@clusterticgalicia.com | Tlf.: 881 939 651


Este proxecto está co-financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a través da convocatoria 2015 de Axudas para Proxectos de Iniciativas Abertas de Difusión co-financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies