O próximo 25 de setembro terá lugar no CITIUS, situado no Campus Sur da Universidade de Compostela, unha xornada na que Vindeira, en colaboración co Cluster TIC Galicia, presentará catro propostas de proxecto para a obtención de Fondos Tecnolóxicos e na que se promoverá a creación de consorcios
As propostas de proxecto forman parte da Axenda Estratéxica de I+D+i que comparten Vindeira e o Cluster TIC Galicia e, se ben a priori non están orientadas a ningunha convocatoria en concreto, poderían encaixar no marco do Fondo Tecnolóxico ou, nalgún caso, en convocatorias europeas.
A xornada, que comezará ás 16 h e finalizará ás 20 h, estruturarase en torno a catro grupos de traballo nos que as empresas e grupos de I+D asistentes poderán achegar ideas sobre como facer os proxectos, compoñentes de I+D a desenvolver, socios internacionais, etc.
As temáticas que se proporán na xornada son as seguintes:
Comments