Vigo acolle, o 14 de decembro, o Foro Emprender e Dirixir en Feminino, organizado por BIC Galicia e Ineo

Vigo acolle, o 14 de decembro, o Foro Emprender e Dirixir en Feminino, organizado por BIC Galicia e Ineo


BIC Galicia e Ineo organizan o mércores 14 de decembro, en Vigo e en colaboración con APD, o Foro ‘Emprender e dirixir en feminino. A muller emprendedora e directiva no escenario 2.0′.

Durante a xornada terán lugar exposicións, a cargo de expertas na materia, sobre a situación da muller no ámbito tecnolóxico en Galicia, sobre cómo comezar a emprender en feminino no mundo TIC, e sobre exemplos de éxito e conciliación de vida laboral e familiar dende o liderado empresarial.

Durante o Foro tamén se presentará a chamada Rede de Mentoras, un instrumento impulsado por BIC Galicia e Ineo para promover a creación de empresas TIC con mulleres á súa fronte.

Fonte: Ineo

Ler máis

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies