“Unha empresa TIC que non pense en innovación pode considerarse morta”

“Unha empresa TIC que non pense en innovación pode considerarse morta”


2Mares leva máis de vinte anos no negocio do software. A súa especialización é o desenvolvemento de solucións que facilitan a mellora de procesos en plataformas Contact Center, nicho no que ten unha posición moi sólida. Enrique de Miguel Ilarri, conselleiro delegado (CEO) desta compañía viguesa, está convencido de que as empresas deben apostar pola especialización e a innovación, e asegura que 2Mares ten os ollos postos en Europa e Latinoamérica para seguir crecendo.

2Mares presume de ser o único desenvolvedor de software español certificado con CMMi 3 USA e especializado en produtos para Contact Center. É a especialización a chave do éxito dunha compañía?

A primeira pregunta e reflexión profunda que ten que facerse unha empresa TIC é: en que somos ou podemos ser bos aportando valor diferencial ao mercado? A resposta a esa pregunta debería ser o foco estratéxico da empresa. Especialización, optimización de recursos, desenvolvemento de negocio… Todo iso debe xirar arredor do foco estratéxico..

¿Que aporta 2Mares aos seus clientes?

Os nosos clientes pertencen aos sectores dos Contact Center, BPO, Telcos, Banca etcétera. O que lles aportamos a todos eles é excelencia nos produtos de software fabricado e nos servizos profesionais asociados a eses produtos. Escoitamos ao cliente para axudarlle a mellorar o seu negocio.

¿Como está a evolucionar o seu mercado no actual período de crise económica?

Neste momento no que a crise afecta á práctica totalidade dos sectores, a demanda e inversión por parte dos clientes estase a contraer. Por iso estamos focalizándonos e tomando posicións en nichos de mercado onde podemos ofertar e competir aportando valor.

¿Teñen plans de internacionalización?

Temos un plan estratéxico 2012-2016 para tomar posicións en mercados de países de Europa e Latinoamérica.

¿Qué importancia ten la I+D+i no negocio de 2Mares?

É un eixo fundamental na nosa estratéxica a medio e longo prazo. Desde hai máis de 15 anos, 2Mares desenvolve proxectos de I+D+i en ámbitos avanzados de enxeñaría de software, tanto con medios propios como en colaboración con centros tecnolóxicos e grupos de excelencia das universidades. Nos últimos cinco anos a nosa actividade innovadora e de I+D obtivo como recompensa distintos premios e recoñecementos a nivel nacional e internacional.

¿Que papel cre que debería xogar este factor no desenvolvemento do sector TIC galego?

En 2Mares pensamos día a día en investigación industrial, desenvolvemento e innovación. Unha empresa TIC, en Galicia ou en calquera país do mundo, que non pense niso pode considerarse morta. Máis cedo que tarde

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies