Esta semana remata o prazo para a presentación de proxectos aspirantes a participar na quinta edición do encontro entre emprendedores e investidores do Clúster TIC Galicia.
Os interesados poden enviar os seus proxectos ata o próximo domingo, día 12 de outubro, cubrindo o formulario online. Tamén poden solicitar información a través do teléfono 881 939 651 ou da dirección de correo electrónico info@clusterticgalicia.com.
O obxectivo de Clúster TIC Capital Network é apoiar a creación e o crecemento de empresas de base tecnolóxica en Galicia, así como facilitar procesos de co-investimento mediante a atracción de investidores privados que complementen os mecanismos públicos de apoio ao emprendemento.
Entre todos os proxectos que se presenten, realizarase unha escolma baseada na busca de startups tecnolóxicas innovadoras, teñan ou non produto no mercado, e que se atopen nunha fase temperá de desenvolvemento, ou que precisen dunha ampliación de capital para despegar de forma definitiva. Os emprendedores contarán con apoio para pulir o seu proxecto e traballar a súa técnica de presentación aos investidores nunha xornada que terá lugar o 14 de novembro.
Comments