Transformar unha Idea nun Negocio con Éxito

Transformar unha Idea nun Negocio con Éxito


O Cluster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego (Clag) organizan un obradoiro orientado a adquisición de coñecementos empresariais, mediante un enfoque visual, participativo e eminentemente práctico, "Transformar unha Idea nun Negocio con Éxito".

O obxectivo é estudar a viabilidade dun proxecto e o seu potencial de negocio, identificando clientes e as relacións con eles, socios, actividades e recursos clave, posibles ingresos e os custos da súa posta en marcha.
 
Esta acción formativa está dirixida ás empresas desenvolvedoras de contido dos medios dixitais e interactivos, así como a todos aqueles cun proxecto concreto e un cliente ao que satisfacer.
 
O obradoiro ten unha duración de 16 horas, que se impartirán os mércores, días 30 de abril e 7 de maio, en horario de 10 a 14 horas, en sesión de mañá, e de 15 a 19 horas, pola tarde, no Edificio FEUGA en Santiago de Compostela.

Para participar é necesario enviar cuberto o formulario de inscrición que acompaña a esta información a info@clusterticgalicia.com. A inscrición é de balde ata completar o aforo e o prazo para inscribirse remata o día 28 de abril.

Máis información e formulario de inscrición nos arquivos axuntos. 

Convocatoria-Programa

Formulario-Inscrición

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies