O Clúster está coa organización da edición 2013 de Vindeira Capital Network (VCN) e nesta fase inicial unha das accións é a de detectar oportunidades de negocio baseadas nas tecnoloxías que se desenvolven nas empresas e animar a estas para que potencien a creación de spin-outs para que os beneficios, tanto tecnolóxicos como financeiros, revertan na empresa matriz.
Todas as empresas socias do Clúster TIC Galicia poden participar rexistrándose online até o 6 de setembro. Máis información na web oficial
Comments