Teimas encargarase do desenvolvemento da Plataforma Galega de Información Ambiental, GAIA

Teimas encargarase do desenvolvemento da Plataforma Galega de Información Ambiental, GAIA


A plataforma galega de información ambiental constituirá o punto único de acceso para as empresas do sector: xestores, produtores e transportistas de residuos, consultoras ambientais, organismos de control, etc. Entidades públicas e privadas cumprirán as súas obrigas medioambientais por medio de GAIA que a súa vez, disporá de capacidades de interconexión e comunicación con outros sistemas de información ambiental tanto no ámbito autonómico como estatal ou europeos.

O contrato de desenvolvemento adxudicado supón un importante paso en materia ambiental para a Xunta de Galicia. GAIA centralizará os procedementos administrativos en materia de medio ambiente, favorecendo a comunicación entre as empresas afectadas pola regulación ambiental e o Goberno Autonómico.

Entre os procedementos que se poñerán á disposición do sector están os relacionados co control da xestión de residuos (traslado de residuos, arquivo cronolóxico, memorias anuais ou estudos de minimización) ou a tramitación electrónica de comunicacións e autorizacións segundo a Lei 22/2011 de Residuos e Solos Contaminantes.

A empresa adxudicataria do servizo é Teimas Desenvolvemento, S.L., por ser a que presentou a proposta máis adaptada aos requisitos económicos e técnicos da licitación, plantexada mediante procedemento aberto. O prazo de execución do proxecto é de 18 meses.

Sobre Teimas Desenvolvemento


Teimas é unha empresa do sector TIC especializada no desenvolvemento de servizos e solución software para empresas produtoras, xestoras e transportistas de residuos. O proxecto principal de Teimas é Teixo, a primeira plataforma dispoñible en Internet que cubre todas as necesidades de xestión interna ambiental e empresarial para entidades do ciclo da xestión interna ambiental e empresarial para entidades do ciclo da xestión de residuos. Ademáis, Teimas desenvolve e mantén o portal de novas Gestoresderesiduos.org xunto co catálogo estatal profesional de xestores de residuos.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies