A empresa Tecalis, especializada no deseño e desenvolvemento de software a medida, vén de lanzar Signen unha aplicación que permite asinar acordos entre varias persoas dun modo sinxelo, rápido e accesible.
Con Signen, os usuarios pode asinar diferentes tipos de contratos: Traballo, Mercantís, Compra-venda, de carácter privado, etc. Grazas aos sistemas empregados, todas as sinaturas realizadas a través da plataforma teñen plena validez legal. Os axentes implicados poden asinar documentos en calquera lugar; revisar os documentos que asinaron; solicitar a sinatura dun documento a unha ou varias persoas; comprobar o estado das súas solicitudes de sinatura; crear estruturas corporativas e xestionar os permisos; exportar os datos ou verificar a validez dunha sinatura mediante o código de verificación.
Os datos almacénanse, para a maioría dos usuarios, nunha nube de alta seguridade. Os usuarios corporativos, teñen a posibilidade de aloxar todos os datos nos seus propios servidores. Os usuarios poden acceder á plataforma desde calquera dispositivo: ordenador, portátil, smartphone etablet. Signen permite operar mediante a web e desde as aplicacións móbiles dispoñibles para Android, iOS e Windows Phone.
Esta solución é a plataforma de sinatura electrónica máis completa do mercado, non só polas súas facilidades de uso senón pola variedade dos métodos de sinatura que permite,
A aplicación é a mellor opción para a sinatura de documentos empresariais pois, ademais de todas as funcionalidades que se indicaron anteriormente, ten unha API aberta. Grazas á API, pódese integrar a plataforma cos programas de xestión das empresas. Signen está pensada para as persoas. Grazas á facilidade de uso e á variedade de métodos de sinatura, os usuarios poderán usar a sinatura electrónica coa mesma facilidade que cando envían un WhatsApp.
Signen nace para ser unha plataforma con carácter global e a estrutura sobre a que se apoia permite que, desde o primeiro día, poda hacer frente a un tráfico de millóns de operacións. Posee unha infraestrctura de hosting de máxima seguridade e escalabilidade automática, isto tradúcese en que os documentos sempre estarán a salvo de inxerencias externas e en que o receptor do documento sempre terá acceso á firma desde o momento en que o documento é enviado.
Presentación no Mobile World Congress 2018 e ALES 2017
Signen estará presente no Mobile World Congress de Barcelona, do 26 de febreiro ao 1 de marzo, con stand propio para dar a coñecer as vantaxes que pode aportar a calquera negocio.
Signen xa foi presentado no ALES 2017, evento celebrado en Quito (Ecuador), a sétima convención anual da Asociación Latinoamericana de Exportadores de Servizos, que nesta edición se centrou nas oportunidades que ofrece o sector TIC para mellorar a competitividade das empresas a nivel global.
None
Comments