O socio do Cluster Tagen Ata, en colaboración con Café de Red e o Centro de Psicoterapia e Trauma, ven de presantar espazodixital.com, un servizo de formación para Narón e comarca. Segundo informou Tagen Ata a través da rede social Twitter, as tres entidades, ás que une a orientación ao traballo colaborativo é a súa radicación en Ferrolterra, xuntáronse para crear “un espazo diferente onde as persoas aproveiten en clave de utilidade e desenvolvemento as tecnoloxías”. Deste xeito, espazodixital.com quere “romper a barreira invisible das novas tecnoloxías”, facendo que estas sexan una axuda real para a vida diaria. Con ese obxectivo, vanse poñer en marcha catro cursos que se desenvolverán en abril, maio e xuño. Tagen Ata é unha firma especialista na creación de contidos dixitais educativos e formativos. Ademáis, traballa en redacción web, servizos lingüísticos e comunicación social.
Comments