Serinfer, empresa TIC do Grupo Alvariño especializada no desenvolvemento de software de xestión para o mundo da automoción, presentou hoxe en Madrid a última versión do su DMS para a xestión de concesionarios Serauto 7.0.
Serauto é un completo DMS (Dealer Management System) que aborda de forma modular e integrada todas as áreas de actividade dun concesionario ou taller de automóbiles.
Con máis de 600 clientes en toda a Península Ibérica, Serauto xa funciona na xestión de concesionarios das principais marcas, e é o DMS en exclusividade nos concesionarios de Porsche de España e Portugal. Ademais, Serauto é unha solución con alta penetración en redes de talleres, como os Bosch Car Services.
Mellor rendemento, visualización e novas funcións
A versión Serauto 7.0 incorpora melloras importantes en rendemento, funcionalidade e visualización. A 7.0 é unha primeira actualización de versión deste DMS, á que seguirán novas versións en cuio desenvolvemento xa traballa Serinfer.
As mellras de rendemento da versión 7.0 incrementan a rapidez no acceso aos datos en procesos cada vez máis frecuentes e necesarios de tratamento masivo de información, así como a habilitación de novas estruturas de datos que permitirán a integración de outras aplicacións con Serauto.
Os cambios visuais supoñen a incorporación dun skin completamente novo da aplicación, o deseño de controles máis intuitivos e ventanas máis cómodas e mellor organizadas, todo co propósito de optimizar a experiencia do usuario.
Asimesmo, Serauto 7.0 chega con todo un abano de importantes melloras funcionais, que van desde a incorporación dunha nova axuda online desenvolvida con tecnoloxía web hasta novidades nos módulos principais da aplicación.
“En Serinfer somos conscientes de que o sector de automoción está inmerso en dúas estratexias moi importantes, como son a transformación dixital do negocio e a xestión do mesmo centrada nos clientes. É por elo que boa parte das novas funcionalidades de Serauto 7.0 van orientadas a esas estratexias”, explicou Manuel Balseiro, director Xeral de Serinfer. “É o noso obxectivo que os nosos clientes poidan xestionar máis eficientemente a súa empresa e dar resposta ás demandas que o sector de automoción lles require. Temos claro que os clientes dos nosos clientes tamén son os nosos clientes, polo que temos que orientar Serauto para que poida satisfacer ampliamente as súas necesidades e que o concesionario ou taller estea cada vez máis cerca de eles para fidelizalos e incrementar o seu nivel de servizo”, engadiu.
Neste sentido, na presentación de hoxe detallaronse as principais novidades funcionais da aplicación. No campo da contabilidade, incorporase a xeración de efectos sen factura, compras e vendas múltiples de VN, factura-e, envío de facturas por mail, etc. Na área de taller, recóllese a duplicación de averías, replicación de averías entre varias empresas ou alta de fichaxes mediante importación desde un ficheiro Excel, etc. Na área de recambios, contempla as saídas múltiples de almacén, búsca de referencias por modelo de vehículo, novas ventás de compras e de pedidos de clientes, etc. Tamén inclúe un módulo novo de caixa, con contabilización automática de todos os movementos que se realicen.
Outro importante avance desta versión incorpórase ao CRM de posventa, con melloras para a segmentación de clientes e realización e seguimento de campañas e accións de marketing.
Novidades incluídas por primeira vez nesta versión 7.0 de Serauto son o planificador de taller, ao que se destinaron un importante esforzo, e que permite a xestión completa da asignación e planificación de traballos dos mecánicos e asesores de servizo nun calendario así como a visualización das órdes de traballo en curso e pendentes e o Autorent, un módulo para a completa xestión do aluguer de vehículos.
Finalmente adiantouse a nova versión da Recepción Activa, unha aplicación en tecnoloxía móbil para dispositivos Tablet que permite a xestión completa da recepción, inspección e entrega de vehículos, podendo incluso realizar estes traballos fóra das instalacións.
Serauto 7.0 na nube
Por outra parte, a nova versión permite unha implantación do DMS na nube. “O fenómeno Cloud está presente na nosa estratexia e con esta nova versión xa existe a posibilidade de que os nosos clientes poidan implantar Serauto 7.0 na nube, evitando inversións e gastos recurrentes en infraestruturas informáticas propias. Ofreceremos Serauto 7.0 xunto cun paquete tecnolóxico baixo a modalidade de IaaS (Infraestrucuture as a Service) e con servizos xestionados. Este paquete será de pago por uso mensual”, detallou o Director Xeral de Serinfer.
Experiencia e innovación no sector da automoción
A división de TIC é unha das grandes apostas empresariais do Grupo Alvariño, matriz de Serinfer. A vinculación deste grupo empresarial vigués co sector da automoción, e a súa traxectoria de varias xeracións na xestión de concesionarios, permitiu contar cun valioso know how no relativo ás necesidades e procesos neste negocio que supón un aspecto diferencial clave na valoración do seu DMS Serauto.
“No é casual que o noso salto ao sector TIC se fixera no campo da automoción, no campo da xestión de concesionarios e talleres. Iso é o que mellor sabemos facer. É o que fixemos con éxito durante décadas no Grupo Alvariño. E nesa experiencia, nese saber facer adquirido neste sector de negocio, reside o maior valor diferencial do DMS cuia versión renovada vos presentamos hoxe”, afirmou o presidente do Grupo Alvariño, José Manuel Fernández Alvariño.
Sobre o Grupo Alvariño
Desde a súa actividade orixinal no sector da automoción, o Grupo Alvariño ven consolidando desde fai máis de 60 anos unha estratexia de negocio que pasou por diversificar a súa presenza en distintas áreas da industria e os servizos. O Grupo familiar, en mans xa da terceira xeración, conta con empresas posicionadas en actividades tan diversas como a eficiencia enerxética (Voltfer) a industria TIC (Serinfer, Demesix e Galvintec), os seguros (Riescontrol), a formación (Well Formación), a distribución (GlobalFer e AD Drinks), ou o sector inmobiliario (Eurocasa), que se sumou a súa rama de actividade orixinal no automóbil (Carfer).
Comentarios