O Clúster TIC Galicia quere dar respaldo e recoñecemento a empresas e proxectos que xeran negocio, melloran a competitividade e axudan no crecemento empresarial de Galicia.
Cos Selos Clúster pretendemos xerar confianza e aliñar capacidades de grandes e pequenas empresas para potenciar marcos de colaboración e cooperación.
Es Empresa Tractora? Tes Proxecto Colaborativo? Mira as base e solicita o teu selo!
Bases Selo Empresa Tractora
Pretende recoñecer ás empresas dimensionadas que fomenten o crecemento e fortalecemento das Pemes a través da subcontratación. Os principais requisitos para obter dito selo son:
- Ser socio do Clúster TIC Galicia e estar ao corrente dos pagos co Clúster.
- A cifra de negocios do último exercicio pechado debe superar os 6 millóns de €.
- Liderar 3 proxectos diferentes, cando menos, nos últimos 4 anos nos que existiu unha subcontratación a Pemes participantes en ditos proxectos por importe mínimo de 500.000 €.
- As PEMEs subcontratadas teñen que ser socias do Clúster TIC, ou cando menos, no momento que se acorde a subcontratación.
Documentación a
presentar:
- Contas anuais rexistradas
- Contratos de proxectos
- Facturas das pemes partipantes nos proxectos
- Declaración das PEMEs da participación no proxecto
=============================================================================
Bases Selo Proxecto Colaborativo Clúster
Recoñece aqueles proxectos cunha inversión arriscada en tecnoloxía e cun potencial diferenciador para abrir novos mercados executado por un grupo de empresas. Os principais requisitos para obter dito selo son:
- Calquera tipo de entidade socia pode solicitar o selo (Empresa, Universidade, Centro Tecnolóxico, asociación, etc.)
- O consorcio debe estar formado por un mínimo de 3 entidades, que teñen que ser membros do Clúster TIC e estar ao corrente dos pagos co Clúster.
- O presuposto mínimo do proxecto debe ser de 500.000
Documentación a
presentar:
- Informe executivo do proxecto que recolla entre outros un orzamento detallado do proxecto
Comentarios