SATDATA desenvolve un sistema de xestión remota de cadros eléctricos

SATDATA desenvolve un sistema de xestión remota de cadros eléctricos


SATDATA, en colaboración coa empresa asturiana DUO Soluciones, están a desenvolver un sistema de xesión e control remoto de cadros eléctricos.  O proxecto comezará a implementarse en sistemas de alumado público do Principado, onde DUO Soluciones é distribuidor homologado de SATDATA.

O control remoto do alumado obtense por medio dunha plataforma específica e a instalación dun módulo en cada cadro eléctrico. Deste xeito, se hai unha caída de tensión ou un corte de luz a plataforma de SATDATA emite unha alarma con dous destinatarios, o centro de control  e o técnico de garda, que pode tratar de solucionar a incidencia remotamente. A alarma envía tamén os datos de posicionamento e identificación do cadro eléctrico afectado.

SATDATA cre que nos próximos anos uns 50.000 cadros eléctricos poderán ter instalado este sistema, en zonas residenciais, áreas industriais, polígonos, instalacións deportivas, edificios municipais, etcétera.

Fonte: SATDATA

Ler a nova no blog de SATDATA

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies