Rematouse o prazo para presentar candidaturas aos I Premios Clúster TIC Galicia

Rematouse o prazo para presentar candidaturas aos I Premios Clúster TIC Galicia


O Clúster TIC Galicia busca estimular e recoñecer a labor de creación dos empresarios e profesionais que, sentíndose comprometidos coa creación e expansión de tecido produtivo baseado na Sociedade da Información en Galicia, deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos e servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.

Os galardóns convócanse en cinco categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre.

Poderán presentar as súas candidaturas todas aquelas empresas e profesionais que realicen proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, ben sexa como provedores ou como entidades usuarias de produtos e servizos TIC galegos.

Para decidir os gañadores, o Clúster creará un Comité Avaliador Experto. Unha vez que se realice a votación do xurado, farase pública unha lista con tres finalistas por categoría. Os gañadores non se desvelarán ata a Gala de entrega dos Premios, que terá lugar no marco do evento LibreCon 2015 o día 29 de outubro, en Santiago de Compostela.

Por seren galardóns de honra que distinguen a calidade, os premios non comportan dotación económica, pero tanto os gañadores como os finalistas recibirán trofeos representativos e exclusivos. Os interesados en presentar unha candidatura deberán facelo exclusivamente a través da web do Clúster TIC Galicia, onde poden consultar as bases e cubrir o formulario das distintas categorías. O prazo conclúe o próximo 22 de outubro ás 23:59 horas.

En medios:

Anpa Agromar | "Queremos unir 'negocio' e 'software libre', que todos os sectores coñezan as oportunidades que se abren
Praza Pública | Unha ducia de razóns para asistir á LibreCon
Praza Pública | Entrega dos Premios Clúster TIC Galicia na Librecon 2015
Código Cero | Mañá remata o prazo para presentar candidaturas aos Premios Clúster TIC Galicia
La Opinión | El plazo para presentar las candidaturas a los Premios Clúster TIC Galicia finaliza hoy
Tecnópole | Aberta a convocatoria para participar nos Premios Clúster TIC Galicia
ECO | Convócanse os Premios Clúster TIC Galicia
Innovamás | Abierta la convocatoria para participar en los Premios Clúster TIC Galicia
Código Cero | Convocados os Premios Clúster TIC Galicia
La Opinión | El Clúster TIC Galicia convoca una nueva edición de los premios al sector

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies