A data límite para a recollida dos formularios para incluir no documento de Vindeira é o venres 22 de xullo, ás 14 horas.
Desde Vindeira, fan chegar aos socios do Cluster TIC Galicia unha invitación para participar na elaboración do documento de propostas para a posta en marcha de servizos asistenciais no fogar, un documento impulsado pola a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) que reuniu aos distintos axentes do sector TIC para compartir cos asistentes a visión da Xunta de Galicia sobre os servizos asistenciais.
Ver Documento de referencia publicado pola SXMIT
En base a isto, o Grupo TIC Saúde reuniuse o pasado 6 de xullo para compartir, tanto as propostas como as iniciativas en curso en torno ao Fogar Dixital Asistencial dos distintos membros do grupo, e elaborar un documento coas distintas achegas do grupo para a posta en marcha de servizos asistenciais no fogar.
O citado documento, promovido por Vindeira, recollerá as achegas recollidas en torno ao Fogar Dixital Asistencial, por iso é polo que fan extensiva esta petición de información a todos os membros da plataforma e o Cluster TIC Galicia que poidan ter interese na materia, e de maneira máis concreta, a todos aqueles que desenvolvan sensores médicos, aspecto este que parece estar menos representado no Grupo TIC Saúde.
Vindeira elaborou un formulario que recolle os principais módulos da arquitectura do Fogar Dixital Asistencial, comentados durante a reunión do Grupo TIC Saúde e reflectidos no documento "Fogar Dixital - Servizos asistenciais para ou cidadán", a fin de solicitar información sobre necesidades de financiamento e estado de desenvolvemento dos produtos/servizos aliñados con estes módulos.
A data límite para recoller contribucións/formularios para incluír no documento de Vindeira é o venres 22 de xullo ás 14 horas, momento a partir do cal non se admitirán novas contribucións, dado o axustado prazo para elaborar a primeira versión do documento que debe ser enviado á SXMIT antes do 29 de xullo.
Dende Vindeira recordan que é totalmente voluntario realizar achegas ao documento promovido pola Plataforma. Tras o 29 de xullo, o documento redactado, de carácter aberto, seguirá evolucionando coas achegas e comentarios das empresas interesadas nas temáticas relacionadas co Fogar Dixital Asistencial.
Comments