R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, pecha 2011 cunha forte medra e acada a cifra de 275.000 clientes, o que supón un incremento do 20,8% dende o comezo de 2008. Este dato tradúcese, así mesmo, en 667.000 servizos que representan un crecemento do 35,9% dende esa mesma data na que comezou a crise. Estes datos continúan ano tras ano a confirmar a boa aceptación que ten a oferta combinada de R entre fogares e empresas de Galicia, sobre todo nestes momentos nos que as familias e empresas coidan máis que nunca os seus consumos.
En concreto, este ano, o operador galego engadiu 13.000 novos clientes á súa rede de fibra óptica e 28.000 novas liñas de móbil.
O investimento acumulado da compañía acada xa os 846 millóns de euros, preto de 54 no exercicio de 2011, co que se ten achegado a fibra óptica a 84 localidades galegas. Nestes momentos son preto de 840.000 os fogares e locais empresariais que teñen a oportunidade de recibir os servizos avanzados de teléfono, internet e televisión multicanle.
Así mesmo, R segue a ser, un ano máis, a opción preferida tanto polos fogares como polas empresas de Galicia nos servizos de teléfono, internet de alta velocidade e televisión multicanle nas áreas onde está presente coa súa nova rede de fibra óptica (fonte: Estudos de Mercado de GfK 2011 en Galicia). Nestas áreas, 6 de cada 10 elixen R.
Fonte: R
Ler máis
Comments