Próximo inicio das actividades de formación

Próximo inicio das actividades de formación


O Cluster TIC ven de aprobar as liñas de formación que se desenvolverán ao longo dos meses de outubro e novembro, comezando así as actividades neste ámbito. Os cursos de formación que se impartirán no período indicado artéllanse en torno a tres liñas temáticas.

A primeira está integrada por Dirección e liderado; Planificación estratéxica, e Traballo en equipo. A segunda inclúe Configuración de routers Cisco; Configuración de redes sen fíos Cisco, e Tecnoloxía Cisco en VoIP. Finalmente, a terceira familia de accións formativas está integrada por Sinal TV: satélite, terrestre e cable; Mantemento de redes de fibra óptica, e Desenvolvemento avanzado de aplicacións con J2EE. Proximamente informarase aos socios do calendario dos cursos, así como dos prazos e procedemento para solicitar praza en cada un deles.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies