None
Camilo Ameijeiras vén de presentar, xunto coa Concelleira de Turismo do Concello de Santiago, Reyes Leis; a nova web de santiagoturismo.com.
As melloras máis significativas foron a adecuación aos distintos soportes, o emprego de vídeos .h264, xeolocalización con maior accesibilidade, ferramentas para redes sociais, fluidez de descarga e a optimización xeral a nivel SEO que mellora o posicionamento en buscadores.
A nova web está optimizada para que o crecente número de visitas, que superan os catro millóns de visitas, atope de xeito áxil e doado a información que se persegue, ao tempo que a xestión para a súa actualización se simplifica.
Cambio de enderezo
A empresa santiaguesa cambia o seu centro de traballo dentro da mesma cidade, a nova ubicación é no edificio Querkus IP. Rúa Letonia, 2 - A1.4A - Santiago de Compostela.
Comments