Posta en marcha do Progama de capacitación e formación 2012 ‘Voluntariado e TIC’

Posta en marcha do Progama de capacitación e formación 2012 ‘Voluntariado e TIC’


Desde o Programa Voluntariado Dixital, que ven de ser posto en marcha pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, infórmase da posta en marcha do Programa de capacitación e formación 2012 “Voluntariado e TIC”.A próxima actividade enmarcada dentro do proxecto é ofrecer unha correcta capacitación ós voluntarios e persoal técnico das entidades de acción voluntaria para orientalos nas súas tarefas de acción solidaria a través do Curso “Voluntariado e Novas Tecnoloxías” incluído no Plan de Formación do Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.Este curso está composto de seis módulos e o primeiro deles celebrarase o próximo 20 de marzo no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia CNTG en Santiago de Compostela, adxúntase programa do mesmo.Na sesión de mañá da xornada de formación explicarase o modelo de xestión do programa, así como o papel que van ter os diferentes organismos colaboradores e mecena dixitais. Na sesión de tarde desenvolverase un foro debate de experiencias de éxito en Galicia nos ámbitos relacionados co voluntariado e as novas tecnoloxías.A inscrición nesta xornada pódese solicitar a través do correo electrónico voluntariadodixital@xunta.es, indicando o número de persoas que vaian asistir.O teéfono do equipo de Voluntariado Dixital é o seguinte: 881 999 120

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies