Ponse en marcha a edición 2013 de Vindeira Capital Network

Ponse en marcha a edición 2013 de Vindeira Capital Network


Hoxe, 7 de xuño, arranca a IV Edición de Vindeira Capital Network (VCN) coa apertura do prazo de presentación de proxectos, que pechará o próximo 15 de xullo. VCN é unha iniciativa promovida polo Clúster TIC Galicia e por Vindeira, en colaboración con XesGalicia, que proporciona aos emprendedores acceso a unha sólida rede de investidores privados e business angels que apostan por proxectos TIC de base tecnolóxica que se encontran, fundamentalmente, nunha fase inicial do seu desenvolvemento. Nesta edición darase cabida tamén a proxectos de base tecnolóxica dos sectores Agroalimentario e Automoción como sectores invitados.

Os interesados poden inscribir os seus proxectos a través do formulario de inscrición habilitado ao efecto.
Nos próximos días actualizarase e ampliará a información contida na web. Mentres, pódese seguir as novidades a través da conta de Twitter @VindeiraCapital e utilizar o hastag #2013VCN para seguir a conversación.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies